Museo Etnográfico

As instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga emprázanse na planta baixa do Auditorio Municipal, inaugurado en xullo de 2003. Dende a apertura desta instalación o Goberno Municipal tiña a idea de converter, os preto de 600 m2 do mencionado baixo, nun museo. O que nun principio era unha idea, concretouse o 24 de marzo de 2007 coa apertura ao público deste novo servizo municipal dedicado a recuperar, aglutinar, espallar e polo tanto, protexer o patrimonio cultural en todas as súas facetas.