Museo Etnográfico

A bodega

A cultura do viño sempre estivo estreitamente ligada ao concello de Quiroga. A elaboración artesanal deste produto sempre formou parte da vida cotiá das xentes da nosa bisbarra. As vides, do mesmo xeito que as oliveiras e os castiñeiros, intégranse nunha paisaxe singular e chea de contrastes.