Museo Etnográfico

O mel

O mel, como non podía ser doutro xeito, tamén ten o seu propio espazo dentro do Museo Etnográfico de Quiroga. Este produto que estivo sempre moi vencellado ás terras quiroguesas non parou de evolucionar; os sistemas de produción variaron dende os ancestrais cortizos ata a moderna colmea de alzas, pero o que fai co mel de Quiroga se fixera con grande sona dentro do mercado é a enorme variedade de flora apícola coa que as abellas traballan nesta terra de contrastes. Isto unido á pureza dos lugares onde se emprazan as albarizas valeulle, a moitos dos produtores, o importante distintivo de Mel de Produción Ecolóxica.