SALA DE CATAS
Espacio dedicado á cata do viño e demais productos típicos que teñen acollida no museo. Nas paredes desta sala poden verse: Galería de Alcaldes (respaso visual e documental sobre os alcaldes de Quiroga dende o ano 1890).

AULA DE AUDIOVISUAIS
Espacio multimedia, con capacidade para 15 persoas, dedicado a mostrar mediante audiovisuais distintos aspectos sobre o funcionamento dos distintos aparellos que ocupan as salas do museo. Viaxa mediante sorprendentes imaxes ós distintos procesos de elaboración dos productos artesanais elaborados en Quiroga, coñece o medio natural no que se desenvolven estas actividades ou achégate ó Patrimonio Histórico, Artístico e Cultural, desta terra de contrastes.

PANEIS EXPLICATIVOS
Existen multitude de elementos singulares do contorno quirogués que pola súa propia natureza non poden ser expostos nas salas do museo. Como non podía faltar algún tipo de referencia a unha serie de elementos imprescindibles para comprender o noso medio, aparecen representados en modernos e didácticos paneis explicativos que permitirán unha posterior visita moito máis completa no seu propio lugar de emprazamento.