Museo Xeolóxico

O Museo

O Museo Xeolóxico de Quiroga é o primeiro museo galego dedicado integramente á interpretación do patrimonio xeolóxico e inaugurouse en decembro de 2011.

Nun espazo duns 120 metros cadrados repártense cinco salas que nos achegarán á xeoloxía, paleontoloxía e minería da comarca, posiblemente a máis importante de Galicia nestes aspectos.