Museo Xeolóxico

Sala 1: A Formación do Territorio de Galicia

Análise do pregamento de Campodola-Leixazós (sinclinal do Courel), un dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio de Galicia tal e como hoxe o coñecemos. Como e cando se formou?, que é un pregamento?, que tipos de pregamentos existen? etc.

O contido desta sala complétase cunha colección de 32 minerais e 17 rochas procedentes da comarca de Quiroga e o seu contorno próximo.