Museo Xeolóxico

Sala 2: Historia paleontolóxica de Galicia. A evolución da vida.

A comarca natural de Quiroga constitúe,  dentro de Galicia,  un contorno excepcional para o estudio e a observación das distintas formas de vida dende finais do Precámbrico ata actualidade durante un intervalo de tempo que abarca máis de 650 millóns de anos.

Aínda que o máis espectacular son os restos fósiles dos grandes mamíferos do Cuaternario…

Na Comarca de Quiroga atópanse formas de vida fosilizada de todos os períodos do Paleozoico definidos ata o de agora para Galicia: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico e Carbonífero. Estas mostras poden verse no Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga. Si premes nesta ligazón podes ver en 3D algúns exemplos dos incorporados recentemente grazas ao investigador Manuel García Ávila:
Rexistro fósil Paleozoico do sueste de Lugo.