A CULTURA DO VIÑO
A cultura do viño sempre estivo estreitamente ligada as partes baixas das Montañas do Courel, na cunca do río Sil. Nesta sala podemos ver a representación dunha adega tradicional con materiais e aparellos relacionados con todo o ciclo do viño, dende os coidados na viña ata a elaboración da augardente a partir do bagazo da uva unha vez separado do viño.
As variedades de uva que nos podemos atopar nesta zona son:
Variedades brancas | Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca, Branco Lexítimo, Caíño Branco, Albariño e Torrontés. |
---|---|
Variedades tintas | Mencía, Brancellao, Tempranillo, Sousón, Caíño Tinto, Caíño Longo, Caíño Bravo, Garnacha Tintureira, Mouratón, Gran Negro e Merenzao |
A elaboración artesanal deste produto sempre formou parte da vida cotiá das xentes da nosa bisbarra. As vides, do mesmo xeito que as oliveiras e os castiñeiros, intégranse nunha paisaxe singular e chea de contrastes.
O amplio val de Quiroga encaixase nunha das denominacións de orixe protexida de viños de Galicia coñecida como Ribeira Sacra, concretamente a subzona Quiroga-Bibei. Como se dí que o Miño leva a fama e o Sil a auga en Quiroga sucede algo similar pois a maior produción de viño da Ribeira Sacra producese nestas terras.
Sendo así, en Quiroga podemos encontrarnos con diferentes bodegas pertencentes a denominación de orixe protexido:
- Val de Quiroga S.L.
- Atrium Vitis.
- Lar de Ricobao.
- Bodegas E.D.V.
- MISSION WINE.
- Casa de Outeiro.
- Sinatura.