A Fragua. Sala Agapito Vila Rodriguez

[vc_row full_width=”stretch_row” parallax=”content-moving” css=”.vc_custom_1531744977943{background-image: url(http://museosquiroga.org/wp-content/uploads/2018/07/MUSEO-HDR002-banner.jpg?id=127) !important;}”][vc_column][like_sc_empty_space height_xl=”344px” height_lg=”” height_md=”” height_sm=”” height_ms=”32px” height_xs=”” id=”” class=”” css=””][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][like_sc_header type=”h3″ subheader=”Museo Etnográfico” header=”A fragua, sala Agapito Vila Rodriguez” bgheader=”” style=”default” color=”main” subcolor=”black” align=”left” size=”default” sr=”default” image=”” icon_type=”hidden” icon_bg=”transparent” size_px=”” use_theme_fonts=”yes” google_fonts=”” id=”” class=”” css=””][vc_column_text]A tradición do ferro sempre foi grande en Quiroga con numerosas ferrerías emprazadas no seu territorio, aproveitando os numerosos cursos de auga que baixan bravos dende os cumios montesíos. Hoxe só quedan pegadas dispersas da súa existencia, pero dende o século XVII funcionaron en terras de Quiroga as factorías de: O Mazo, Roxa Longa entre Vilarbacú e Outeiro, Paleiras en Pacios da Serra, A Gorgueira en Paradaseca, Rugando, Quintá e a Rodela. A meirande parte do mineral que beneficiaban as ferrerías proviña da vea do monte Formigueiros.

Tendo en conta a gran cantidade de ferro transformado nestas protoindustrias metalúrxicas, resulta doado explicar que en cada aldea existira, cando menos, unha fragua na que se obtiñan todo tipo de aparellos fabricados, con grande habilidade polos ferreiros, con este metal.

A Sala dedicada a Agapito Vila Rodríguez, reproduce fielmente unha forxa tradicional, na que poden verse dende o barquín que alimenta o lume, ata un impresionante trade para ferro, ademais dunha completísima colección de aparellos procedentes dos ferreiros das distintas parroquias do concello de Quiroga.[/vc_column_text][vc_gallery type=”image_grid” images=”231,232,233,234,235″][/vc_column][/vc_row]