MUSEO ETNOGRÁFICO

A PRODUCIÓN TÉXTIL

 

A produción téxtil ten unha importante tradición nas terras do Xeoparque Montañas do Courel, sobre todo, nas parroquias das áreas de montaña; especial sona acadaron as artesás de Vieiros na parroquia da Seara. A transformación da la e o liño en fío e despois en roupa ou pezas de cama, supoñen un proceso complexo e enxeñoso que na actualidade está completamente perdido. A maxia das tecedeiras foi desaparecendo coa transformación da vida e a súa habilidade vai quedando reducida a pequenos espazos nos museos.