MUSEO ETNOGRÁFICO

O MEL

O mel, como non podía ser doutro xeito, tamén ten o seu propio espazo dentro do Museo Etnográfico de Quiroga.

Este produto, sempre moi unido ás terras do Xeoparque, non parou de evolucionar; os sistemas de produción variaron dende os primitivos cortizos ata a moderna colmea de alzas. Presentámolos nunha recreación moi particular das ancestrais alvarizas que decoran por centos as nosas montañas.

Pero o que fai co mel de Quiroga se fixera con grande sona dentro do mercado é a enorme variedade de flora apícola coa que as abellas traballan nesta terra de contrastes. Isto unido á pureza dos lugares onde se emprazan as albarizas valeulle, a moitos dos produtores, o importante distintivo de Mel de Produción Ecolóxica.