A CULTURA DO ACEITE

 

 

Un dos produtos singulares do concello de Quiroga, debido ao seu clima especial, é o aceite. A obtención artesanal deste produto pérdese na memoria dos tempos e achéganos mesmo ata o paso dos romanos por estas terras.

Tendo en conta a orixinalidade do aceite de Quiroga, un dos grandes retos para o museo etnográfico foi contar nas súas instalacións coa maquinaria dun muíño. A empresa non foi pequena pero agora podemos ofrecer aos nosos visitantes a posibilidade de contemplar unha almazara con todas as súas pezas en funcionamento. Non se trata simplemente da exposición das pezas dun vello enxeño, senón que é un muíño de aceite listo para funcionar.

Na busqueda dunha D.O.P. Mansa e brava

A pesar de que as principais zonas olivareras españolas encontranse en Andalucía, durante os últimos anos están emerxendo novas rexións que apostan polo cultivo deste aceite vexetal e pola explotación de variedades propias a fin de producir aceite de oliva autóctono de alta calidade. A historia é ben larga pois todo comeza co castigo imposto polos reis castellanos tralas revoltas irmandiñas demandando os monarcas a tala indiscriminada dos olivos galegos en favor dos nobres do sur peninsular.