O Contorno Xeolóxico

A unidade xeográfica da serra do Courel, pertencente na súa meirande parte aos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, goza dende hai moitos anos dun notable prestixio pola súa biodiversidade, riqueza botánica e da fauna. Pero en raras ocasións se facía mención á excepcional e case única “xeodiversidade” malia a que agocha un auténtico mostrario xeolóxico composto por formacións, materiais e restos fósiles sorprendentes de fai millóns de anos.

XEOPARQUES MUNDIAIS DA UNESCO

Que é un xeoparque mundial da UNESCO?

Un xeoparque é un territorio ben delimitado xeograficamente (578 Km2 no noso caso, seguindo os límites municipais), que inclúe paisaxes e lugares de relevancia xeolóxica internacional, e que é xestionado segundo os conceptos de protección, educación e desenvolvemento sostible, xerando así o seu propio desenvolvemento económico.

A través da sensibilización sobre a importancia do seu pratimonio xeolóxico e con conexión cos demais aspectos naturais e o patrimonio cultural, , os xeoparques mundiais da UNESCO divulgan e interpretan factores claves relacionados co uso sustentable dos recursos naturais ou a mitigación dos efectos do cambio climático. Pora iso, facilítanlle á cidadanía as claves para a comprensión tanto dos procesos de relevancia xeolóxica como ecolóxica, arqueolóxica, etnográfica, histórica, industrial, etc. Son de particular impostancia neste sentido, os xeositios, lugares de particular atractivo polo seu grande interese xeolóxico.

Cada xeoparque é un novo xeito de gozar do medio natural a través do xeoturismo. Este, a súa vez, é unha importante oportunidade para a actividade económica local e rexional. En canto ao futuro, desde os xeoparques trabállase ademais no ensino dos valores xeolóxicos aos máis pequenos, por exemplo a través de diferentes iniciativas de xeoconservación.

En España foron declarados pola UNESCO como xeoparques 15 territorios, que ocupan máis de 20.000 Km2. A Rede Mundial conta con 147 territorios de 47 países. Datos de 2020.

XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO MONTAÑAS DO COUREL

O 11 de abril de 2019 o Xeoparque das Montañas do Courel, nacido da unión dos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, incorporouse oficialmente ás redes Europea e Global de Xeoparques da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). Foi en recoñecemento á riqueza xeolóxica desta bisbarra como base para o desenvolvemento local de todo o seu territorio.

A principal achega mundial deste xeoparque é o seu carácter tectónico, xeolóxico e mineralóxico no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite Dobras deitadas da Serra do Courel. Ademais, é no seu conxunto un lugar de recoñecida referencia internacional pola conexión íntima entre o patrimonio xeolóxico e o ser humano, tal como o demostran os seus extraordinarios patrimonios natural e cultural. O 52% das Montañas do Courel está, por outro lado, protexido polos Lugares de Interese Comunitario Ancares-Courel e Macizo Central de Galicia, o Sitio natural de Interese Turístico Devesa da Rogueira e o Monumento Natural de Galicia Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós.

CANDO VISITES O NOSO XEOPARQUE

  1. Achégate ao xeoparque desde o Val do Sil con vexetación mediterránea, ata as máis remotas húmidas do norte, con bosques caducifolios, fervenzas e ríos encaixados.
  2. Descubre o corazón dunha antiga gran cordilleira, en cuxas entrañas paleozoicas se formaron grandes pregamentos tombados, como o da Serra do Courel, de interese internacional.
  3. Explora as pegadas dos antigos glaciares que ocuparon as nosas montañas, agora xa dominadas por frondosas, clálidas e húmidas fragas, onde o castiñeiro, o carballo, a abelaria ou o acivro son sos seus protagonistas.
  4. Coñece como o ser humano colonizou as Montañas do Courel, empregando máis de sete tipos de rochas autóctonas para edificar castros, castelos e as actuais aldeas tradicionais, desde os seus alicerces ata os teitos de lousa.
  5. Atopa as minas de ouro que financiaron o Imperio romano, e como os romanos se atreveron a desviar subterraneamente o río Sil e trazar quilométricas canles de auga para extaer tan prezado metal.
  6. Sorpréndete coa forza da auga empregada para modear o ferro do Courel nas ferrerías preindustriais, así como os cereais nos muíños de auga, algúns deles aínda en funcionamento.
  7. Envólvete na natureza máis salvexe, xa sexa caminando polas montañas ou practicando a escalada deportiva en calcarias, o barranquismo nos nosos encaixados ríos, e a espeleoloxía a través de ríos subterráneos e simas verticais.
  8. E, finalmente, saborea a xeoloxía a través da cociña tradicional galega, complementanda por viños tintos e brancos da Ribeira Sacra, o aceite tradicional de Quiroga procedente de descoñecidas oliveiras, as castañas cocidas e secas do Courel, así como o mel, antano protexido por altos muros do ataque dos osos pardos, que xa volven habitar en harmonía as nosas montañas.

PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS EN GALICIA

  • Primeiras rochas de Galicia representadas polos circones de Cabo Ortegal e Ordes
  • Formación do Pregue do Courel. Formación da Unidade Malpica-Tui. Os terreos actuais de Galicia quedan unidos por primeira vez.
  • Emprazamento dos granitos de Galicia.
  • Primeira intensa etapa erosiva.
  • Depósitos evaporíticos no Banco de Galicia.
  • Formación da Terra Cha de Galicia.
  • Comeza a apertura do Atlántico:
  • Macizo Hespérico (metade occidental de Iberia), a única terra emerxida na que viviron os dinosauros Ibéricos.
  • Segunda intensa etapa erosiva.
  • Iníciase o proceso de converxencia no borde N. da Península Ibérica e a formación da bacía das Pontes.
  • Empeza a erguerse a Serra do Courel.
  • O río Sil empeza a encaixarse no seu leito.
  • Primeira fauna nas Pontes.
  • Formación de lignitos en Galicia.
  • Apertura das bacías terciarias e comezo da formación das rías galegas.
  • Empezan as 14 glaciacións en Galicia.
  • Fin da formación das rías galegas.
  • Primeiros restos humanos atopados no Courel.
  • Minería romana do ouro.
  • Destrución das fragas do Courel pola siderurxia de corredoira.
  • Comeza o deterioro de varias áreas do Courel polas canteiras de lousa.