MUSEO XEOLÓXICO

SALA 2 - HISTORIA PALEONTOLÓXICA DE GALICIA, A EVOLUCIÓN DA VIDA. O rexistro fósil do Xeoparque Montañas do Courel.

O Xeoparque Montañas do Courel constitúe un contorno excepcional para o estudo da evolución da vida no NO da Península Ibérica durante o Paleozoico e o Cuaternario. Entre a fauna paleozoica destacan animais invertebrados coma os trilobites, cefalópodos, graptolitos, arqueociatos, crinoideos ou braquiópodos, que habitaron os mares onde se formaron a maioría das rochas do Xeoparque.

Aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, investigada fundamentalmente polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Dita fauna comprende sobre todo grandes macromamíferos coma os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes laúdos, cervos…

Si premes nesta ligazón podes ver en 3D algúns exemplos dos incorporados recentemente grazas ao investigador Manuel García Ávila:
Rexistro fósil Paleozoico do sueste de Lugo.