Lousa da serie de Vilalba
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita (+- cuarzo).
- Idade: Precámbrico (Proterozoico superior).
- Estrutura: Núcleo do anticlinal do Seo.
- Medio sedimentario: Abano turbíditico
Filita da serie de Vilalba
- Mineirais: Clorita, moscovita, (+- sericita, cuarzo).
- Idade: Precámbrico (Proterozoico superior).
- Estrutura: Núcleo do anticlinal do Seo. O ciclo Cadomiense está representado por 2000-2500 m de lousas, xistos e metarenitos con delgadas intercalacións de gneises e anfibolitas, que afloran parcialmente entre Seoane do Courel e Noceda.
- Medio sedimentario: Abano turbíditico
Cuarcita inferior do grupo cándana
- Mineirais: Cuarzo (+- moscovita, biotita).
- Idade: Cámbrico inferior.
- Estrutura: Flanco invertido do anticlinal do Seo. Constituída por 30 a 150 m de metarenitos, cuarcitas e lousas, con conglomerados cara á base.
- Medio sedimentario: Abano turbíditico
Calcaria marmórea do grupo cándana.
- Mineirais: Calcita, dolomita (+- moscovita).
- Idade: Cámbrico inferior.
- Estrutura: Flanco normal do anticlinal do Seo. As calcarias (carbonatos de calcio) son neste caso de tons grises. Preséntanse xunto a dolomías (carbonatos de calcio e magnesio) amarelentas.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial.
Xistos do grupo cándana.
- Mineirais: Cuarzo, moscovita, (+- sericita, biotita).
- Idade: Cámbrico inferior.
- Estrutura: Sucesión monoclinal Seoane-Oencia. Son lousas grises ou verdosas, con intercalacións de metarenitos, cuarcitas, calcarias e dolomias.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial.
Calcaria de vegadeo
- Idade: Cámbrico inferior-medio.
- Estrutura: Sucesión monoclinal Seoane-Oencia. A formación Vegadeo comprende entre 20 e 250 m de calcarias e dolomias marmorizadas. Nesta formación distínguense tres membros (inferior, medio e superior) formados en áreas costeiras, incluíndo ramplas e chairas mareais carbonatadas con arqueociatos.
- Medio sedimentario: Chaira mareal a augas superficiais.
Lousa das capas de Vilamea
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita (+- cuarzo).
- Idade: Cámbrico superior-Ordovícico inferior.
- Estrutura: Sucesión monclinal de Seoane-Oencia ou flanco normal do sinclinal do Sil. As capas de Vilamea inclúen máis de 250 m de alternancias de lousas grises, ás veces ampeliticas, e metarenitos claros en niveis moi delgados. Inclúen fósiles de trilobites.
- Medio sedimentario: Rampla carbonatada en plataforma continental mariña superficial.
Calcaria marmórea das Capas de Seceda
- Mineirais: Calcita (+- cuarzo, moscovita, sericita).
- Idade: Devónico inferior (Lochkoviense).
- Estrutura: Núcleo do sinclinal do Courel. Formación Seceda está conformada por uns 50 m de lousas con cloritoide, cuarcitas, lousas areentas e calcarias marmóreas con crinoideos, braquiópodos, briozoos, corais tabulado e conodontos.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña supercial.
Lousa con cloritoide da formación Folgoso
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita (+- cuarzo, grafito, pirita).
- Idade: Silúrico Wenlock-Ludlow.
- Estrutura: Sinclinal do Courel. A Formación Folgoso comprende uns 450 m de lousas negras con cloritoide e ampelitas, en ocasións, con intercalacións de cuarcitas, lousas areentas e calcarias. Tamén se inclúen fósiles graptólites, cefalópodos e conodontos. A base destas rochas é unha discordancia que representa un período erosivo sen sedimentación.
- Medio sedimentario: Plataforma continental, lonxe da costa.
Calcaria da Aquiana
- Mineirais: Calcita (+- cuarzo, sericita, moscovita).
- Idade: Ordovícico Superior.
- Estrutura: Flanco normal do sinclinal do Courel. Consiste en ata 20 m de calcarias e dolomías marmoóreas, bandeadas e discordantes (é dicir, que se sedimentaron tras un período de erosión). Inclúen crinoideos e outros fósiles.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña carbonatada e superficial.
Brecha ferruxinosa do nivel de Pardellán ou Peites.
- Mineirais: Cuarzo, clorita, sericita, hematite, limonita, goethita.
- Idade: Ordovícico Superior
- Estrutura: Flanco normal do sinclinal do Courel. Brecha formada por cantos angulosos cementados por óxidos de ferro e outro minerais en relación, probablemente, a carsificación das calcarias da Formación La Aquiana.
- Medio sedimentario: Carst desenvolvido sobre unha plataforma continental mariña carbonatada emerxida.
Diabasa
- Mineirais: Plaxioclasio, anfíbolo, piroxeno (+- cuarzo, clorita)
- Idade: Cretáceo.
- Estrutura: Sinclinal do Courel / Sucesión monoclinal Seoane-Oencia. Forman unha densa rede de diques de ata 10 m de ancho con cor de alteración verde amarelenta e disxunción esférica, paralelepipeda ou comunar.
- Medio sedimentario: Rochas paleozoicas con intrusións magmáticas.
Lousa de Luarca
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita, cuarzo.
- Idade: Ordovícico Medio.
- Estrutura: Flanco inverso do sinclinal do Courel. Formación xeolóxica constituída esencialmente por menos de 1000 m de monótonas lousas negras ou gris-azuladas.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña lamacenta e pouco profundo.
Metarenito ferruxinoso das Capas de Rubiá
- Mineirais: Cuarzo, óxidos de ferro.
- Idade: Ordovícico Inferior-Medio.
- Estrutura: Flanco normal do sinclinal do Courel. Forman unha alternancia de bancos de cuarcitas, metarenitos e lousas incluídos nas “Capas de Transición”, situadas na parte superior da Cuarcita Armoricana.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial con sedimentos ricos en ferro.
Cuarcita armoricana
- Mineirais: Cuarzo (+- moscovita, clorita).
- Idade: Ordovícico inferior.
- Estrutura: Flanco normal do sinclinal do Courel. Está formada por potentes cuarcitas brancas ou grises con intercalacións delgadas de metarenitos e lousas. Presenta pistas de trilobites e outros icnofósiles.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña e superficial.
Lousa do Soldón
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita, cuarzo.
- Idade: Ordovícico inferior.
- Estrutura: Flanco normal do anticlinal do Piornal. Constituídas por lousas negras e grises con abundantes intercalacións de niveis de metarenitos.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial.
Cuarcita das Lousas do Soldón
- Mineirais: Cuarzo (+- moscovita, clorita).
- Idade: Ordovicico inferior.
- Estrutura: Flanco normal do anticlinal do Piornal. Composta por unha alternancia de arenitos e cuarcitas en bancos decimétricos a métricos, e lousas con laminacións areentas.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial.
Diamictita glaciomarina
- Idade: Ordovícico superior.
- Estrutura: Sinclinal do Sil. Son lousas con cantos de carbonatos desprendidos de icebergs que flotaban no océano. Estas rochas están estratigraficamente entre as lousas da Formación Luarca e as da Formación Folgoso.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial con cantos desprendidos de icebergs.
Metagrauvaca da serie de San Clodio
- Mineirais: Fragmentos formados por rochas de cuarzo, clorita, moscovita e sericita.
- Idade: Carbonifero inferior (Serpukhoviense)
- Estrutura: Secuencia sinoroxénica varisca do núcleo do sinclinal do Sil. Representan as rochas metamórficas máis recentes do Xeoparque, e están formadas por metagrauvacas, lousas, liditas (radiolaritas) e microconglomerados con restos vexetais e icnofósiles. A serie San Clodio depositouse nunha cunca sedimentaria que se estaba a deformar hai 324 millóns de anos durante a oroxenia Varisca.
- Medio sedimentario: Abanos turbíditicos.
Calcaria da serie de San Clodio
- Mineirais: Calcita.
- Idade: Carbonífero inferior (Serpukhoviense).
- Estrutura: Secuencia sinoroxénica varisca do núcleo do sinclinal do Sil.
- Son calcarias intercaladas na Serie San Clodio.
Lidita da serie San Clodio
- Mineirais: Minerais de sílice.
- Idade: Carbonífero inferior (Serpukhoviense).
- Estrutura: Secuencia sinoroxénica varisca do núcleo do sinclinal do Sil. E unha rocha silicea como o sílex, con fractura concoide, pero de cor máis escura debido á presenza de materia orgánica.
- Medio sedimentario: Abanos turbíditicos con achegas de esqueletos siliceos formados por organismos mariños.
Conglomerado tradicionalmente chamado “Pedra cabaleira”.
- Mineirais: Cuarzo e óxidos de ferro.
- Idade: Cenozoico Neóxeno (Plioceno)
- Estrutura: Sinclinal do Sil. Está formado por cantos redondeados a subangulosos de cuarcitas e lousas derivadas da erosión das Montañas do Courel, que formaron abanos aluviais de cuncas sedimentarias desenvolvidas hai máis dun millón de anos.
- Medio sedimentario: Abanos aluviais.
Lousa ampelítica da formación Folgoso.
- Mineirais: Sericita, clorita, moscovita (+- cuarzo, grafito, pirita).
- Idade: Silúrico superior (Wenlock-Ludlow).
- Estrutura: Sinclinal do Sil. Son lousas negras e carbonosas duns 50 m de grosor e situadas baixo 400 m de lousas negras con cloritoide.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña profunda.
Porfiroide da formación “Ollo de Sapo”
- Mineirais: Feldespato, cuarzo (+- biotita, clorita).
- Idade: Cámbrico superior-Ordovicico inferior.
- Estrutura: Anticlinal de Vilachá. Rocha que se estende desde o norte de Galicia ata o norte de Guadaljara estando cuberta por rochas mesozoicas e cenozoicas na cunca do Douro. Rocha formada básicamente polo metamorfismo de rochas volcánica e sedimentarias derivadas da erosión de rochas ígneas. No Xeoparque aflora a variedade de gran fino da Formación Ollo de Sapo con intercalacións de metapelitas e cuarcitas.
- Medio sedimentario: Plataforma continental con abundantes intrusións magmaticas.
Lousa das Capas dos Montes
- Mineirais: Clorita, moscovita, sericita (+- cuarzo).
- Idade: Ordovicico inferior.
- Estrutura: Anticlinal de Vilachá. Está composta por uns 300 m de lousas negras e grises, con intercalacións de ampelitas e metarenitos. A súa base presenta frencuentemente cuarcitas e microconglomerados.
- Medio sedimentario: Plataforma continental mariña superficial.
Lousa con andalucita. Metamorfismo de contacto.
- Mineirais: Andalucita, clorita, sericita, cuarzo, biotita.
- Idade: Carbonifero superior-pérmico inferior.
- Estrutura: Sinclinal do Sil. Andalucita formada por metamorfismo de contacto na auréola creada polo granito de dúas micas da Rúa.
- Medio de formación: Auréola de metamorfismo de contacto en rochas paleozoicas.
Granito moscovítico-biotítico tardío da Oroxenia Varisca.
- Mineirais: Cuarzo, feldespato, biotita (+- moscovita. clorita).
- Idade: Carbonífero superior-pérmico inferior
- Estrutura: Sinclinal do Sil. Granito varisco de dúas micas, postectónico respecto á Oroxenia Varisca.
- Medio de formación: Auréola de metamorfismo de contacto en rochas paleozoicas.