Museo Geológico del Ayuntamiento de Quiroga

El Geoparque Mundial de la UNESCO Montañas do Courel engloba los ayuntamientos de Quiroga, Folgoso do Courel y Ribas de Sil, en el sur de la provincia de Lugo, y constituye uno de los grandes valores naturales y culturales de Galicia (noroeste de España).

En sus 578 Km2 de extensión, este territorio comprende desde el valle del río Sil en el sur, donde se asientan las poblaciones más grandes, hasta las Montañas do Courel en el norte, en donde se esconden más de 50 sugerentes aldeas tradicionales.

Las Montañas do Courel atesoran un rico y variado patrimonio geológico estrechamente relacionado con el aprovechamiento de las rocas de construcción, minerales industriales y otros recursos geológicos, ya desde la prehistoria.

Este Patrimonio Geológico es de marcado carácter tectónico y geomorfológico, en el que sobresale a nivel internacional el Global Geosite denominado “Pliegues acostados de las Montañas do Courel”.

El Museo Geológico Municipal de Quiroga es uno de los pilares del Geoparque Montañas do Courel y forma parte de su red de centros de interpretación, como el Aula de la Naturaleza de la Devesa da Rogueira, el Centro de Interpretación de las Cuevas de Meiraos, el Museo Etnográfico de Quiroga y el de la minería aurífera romana de Ribas de Sil.

El Museo de Quiroga incluye los contenidos geológicos más representativos del entorno ordenados de más antiguo a más moderno, en cinco salas cuyo contenido es el siguiente:

Salas del museo Geológico de Quiroga
Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico
Análise dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio galego tal e como agora o coñecemos. Mediante reconstrucións paleográficas comprenderemos como a tectónica de placas deu lugar á formación e pregamento das rochas de Galicia, incluíndo a famosa dobra deitada de Campodola-Leixazós (Sinclinal da Serra do Courel). Ademais, esta sala amosa unha completa colección das rochas e minerais máis representativos do Xeoparque como exemplo da gran xeodiversidade da contorna, grazas a doazóns voluntarias dos colaboradores do Museo. A colección inclúe tanto rocas ígneas, metamórficas e sedimentarias, coma minerais moi escasos que foron obxecto de explotacións mineiras desde a chegada dos Romanos.
Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico
O Xeoparque Montañas do Courel constitúe un contorno excepcional para o estudo da evolución da vida no NO da Península Ibérica durante o Paleozoico e o Cuaternario. Entre a fauna paleozoica destacan animais invertebrados coma os trilobites, cefalópodos, graptolitos, arqueociatos, crinoideos ou braquiópodos, que habitaron os mares onde se formaron a maioría das rochas do Xeoparque. Aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, investigada fundamentalmente polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Dita fauna comprende sobre todo grandes macromamíferos coma os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes laúdos, cervos ….
Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico
O descubrimento e exploración das covas das Montañas do Courel abriu unha fascinante fiestra para o coñecemento dos climas e ambientes do noso pasado, tanto a escala local coma global. Os espeleotemas agochados nas covas do Xeoparque constitúen rexistros paleoclimáticos excepcionais que detallaron a evolución da temperatura e humidade do noso planeta, coma é o caso da estalagmita da Cova da Arcoia que se amosa nesta sala, que comezou a medrar hai 550.000 anos. As variacións climáticas rexistradas nas estalagmitas compáranse, entre outros, cos cambios climáticos globais, que inclúen períodos glaciares e interglaciares, e cos avances e retrocesos dos glaciares que ocuparon os cumios das Montañas do Courel no pasado. A dinámica destes glaciares plistocenos reconstruíuse a partir dos sedimentos glaciares e as formas xeomorfolóxicas que deixaron no relevo actual, coma o circo da Devesa da Rogueira. Os paneis da sala ilustran como se superpoñen ás formas actuais do relevo á antiga posición das frontes glaciares dende o momento de máxima extensión glaciar local ata o final da deglaciación, cando se formou a Lagoa da Lucenza nunha cubeta de sobreescavación glaciar. Esta lagoa rexistrou os cambios na vexetación da contorna desde os últimos 10.000 anos, incluíndo a chegada dos castiñeiros ou da agricultura hai 4.000 anos atrás.
Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico
Esta sala amosa unha sinxela e xeral visión da evolución dos homínidos, sempre en revisión e debate científico, dende os nosos antepasados africanos ata o actual Homo sapiens. É unha árbore filoxenética coas diferentes especies de homínidos que xurdiron no pasado, e que se extinguiron unha tras outra, cunha única excepción: nós. Os utensilios paleolíticos feitos en pedra descubertos na Gándara Cha, na parroquia da Ermida, a só 2 Km do Museo Xeolóxico, sitúan o Xeoparque Montañas do Courel no mapa da Prehistoria de Galicia, nunha das probables liñas de migración principais que seguían o val do río Sil. Estes utensilios, compostos por algo máis de 100 pezas, talláronse con materiais xeolóxicos da comarca (seixo, cuarcita de gran groso e fino) e traído dende afastados lugares, coma o sílex. Ademais, ilústranse os distintos modos de fabricación destas ferramentas en pedra de miles de anos de antigüidade. Do norte das Montañas do Courel, no Concello de Pedrafita do Cebreiro, proceden os restos fósiles humanos da coñecida como Elba, a pastora do Courel, que percorreu estes montes hai uns 9.500 anos. O seu estudo, liderado polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, permitiu coñecer como era en realidade Elba mediante unha reconstrución baseada no seu código xenético, preservado no ADN dos seus ósos.