Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel engloba os concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, no sur da provincia de Lugo, e constitúe un dos grandes valores naturais e culturais de Galicia (noroeste de España).

Nos seus 578 Km2 de extensión, este territorio comprende dende o val do río Sil no sur, onde se asentan as poboacións máis grandes, ata as montañas do Courel no norte, onde se esconden máis de 50 suxestivas aldeas tradicionais.

As montañas do Courel atesouran un rico e variado Patrimonio Xeolóxico estreitamente relacionado co aproveitamento das rochas de construción, minerais industriais e outros recursos xeolóxicos, xa dende a Prehistoria.

Este Patrimonio Xeolóxico é de marcado carácter tectónico e xeomorfolóxico, no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite denominado “Dobras deitadas das Montañas do Courel”.

O Museo Xeolóxico de Quiroga é un dos piares do Xeoparque Montañas do Courel e forma parte da súa rede de museos e centros de interpretación, coma a Aula da Natureza da Devesa da Rogueira, o centro de interpretación das Covas de Meiraos e o do ouro de Ribas de Sil.

O Museo de Quiroga inclúe os contidos xeolóxicos máis representativos da contorna ordenados do máis antigo ao máis moderno, en cinco salas cuxo contido é o seguinte:

Salas do museo Xeolóxico de Quiroga
Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico

Formación Xeolóxica de Galicia

Análise dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio galego tal e como agora o coñecemos. Mediante reconstrucións paleográficas comprenderemos como a tectónica de placas deu lugar á formación e pregamento das rochas de Galicia, incluíndo a famosa dobra deitada de Campodola-Leixazós (Sinclinal da Serra do Courel).
Ademais, esta sala amosa unha completa colección das rochas e minerais máis representativos do Xeoparque como exemplo da gran xeodiversidade da contorna, grazas a doazóns voluntarias dos colaboradores do Museo. A colección inclúe tanto rocas ígneas, metamórficas e sedimentarias, coma minerais moi escasos que foron obxecto de explotacións mineiras desde a chegada dos Romanos.

Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico

O Xeoparque Montañas do Courel constitúe un contorno excepcional para o estudo da evolución da vida no NO da Península Ibérica durante o Paleozoico e o Cuaternario. Entre a fauna paleozoica destacan animais invertebrados coma os trilobites, cefalópodos, graptolitos, arqueociatos, crinoideos ou braquiópodos, que habitaron os mares onde se formaron a maioría das rochas do Xeoparque.
Aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, investigada fundamentalmente polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Dita fauna comprende sobre todo grandes macromamíferos coma os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes laúdos, cervos ….

Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico

O descubrimento e exploración das covas das Montañas do Courel abriu unha fascinante fiestra para o coñecemento dos climas e ambientes do noso pasado, tanto a escala local coma global. Os espeleotemas agochados nas covas do Xeoparque constitúen rexistros paleoclimáticos excepcionais que detallaron a evolución da temperatura e humidade do noso planeta, coma é o caso da estalagmita da Cova da Arcoia que se amosa nesta sala, que comezou a medrar hai 550.000 anos.
As variacións climáticas rexistradas nas estalagmitas compáranse, entre outros, cos cambios climáticos globais, que inclúen períodos glaciares e interglaciares, e cos avances e retrocesos dos glaciares que ocuparon os cumios das Montañas do Courel no pasado. A dinámica destes glaciares plistocenos reconstruíuse a partir dos sedimentos glaciares e as formas xeomorfolóxicas que deixaron no relevo actual, coma o circo da Devesa da Rogueira. Os paneis da sala ilustran como se superpoñen ás formas actuais do relevo á antiga posición das frontes glaciares dende o momento de máxima extensión glaciar local ata o final da deglaciación, cando se formou a Lagoa da Lucenza nunha cubeta de sobreescavación glaciar. Esta lagoa rexistrou os cambios na vexetación da contorna desde os últimos 10.000 anos, incluíndo a chegada dos castiñeiros ou da agricultura hai 4.000 anos atrás.

Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico

Esta sala amosa unha sinxela e xeral visión da evolución dos homínidos, sempre en revisión e debate científico, dende os nosos antepasados africanos ata o actual Homo sapiens. É unha árbore filoxenética coas diferentes especies de homínidos que xurdiron no pasado, e que se extinguiron unha tras outra, cunha única excepción: nós.
Os utensilios paleolíticos feitos en pedra descubertos na Gándara Cha, na parroquia da Ermida, a só 2 Km do Museo Xeolóxico, sitúan o Xeoparque Montañas do Courel no mapa da Prehistoria de Galicia, nunha das probables liñas de migración principais que seguían o val do río Sil. Estes utensilios, compostos por algo máis de 100 pezas, talláronse con materiais xeolóxicos da comarca (seixo, cuarcita de gran groso e fino) e traído dende afastados lugares, coma o sílex. Ademais, ilústranse os distintos modos de fabricación destas ferramentas en pedra de miles de anos de antigüidade.
Do norte das Montañas do Courel, no Concello de Pedrafita do Cebreiro, proceden os restos fósiles humanos da coñecida como Elba, a pastora do Courel, que percorreu estes montes hai uns 9.500 anos. O seu estudo, liderado polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, permitiu coñecer como era en realidade Elba mediante unha reconstrución baseada no seu código xenético, preservado no ADN dos seus ósos.