Museo Etnográfico do Concello de Quiroga

O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga está emprazado na planta baixa do Auditorio Municipal de Quiroga, na Rúa Real da capitalidade do municipio.

Abriu as súas portas o día 24 de marzo do 2007 coa ilusión de investigar, recuperar, xuntar,  expoñer e polo tanto protexer o Patrimonio Cultural en todas as súas facetas.

A día de hoxe a colección etnográfica do noso Museo, composta por algo máis de 1000 pezas recollidas no territorio do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, que une ós concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, é unha das coleccións etnográficas máis completas e interesantes de Galicia.

Os contidos do Museo Etnográfico de Quiroga están relacionados, por unha banda, cos catro produtos típicos da comarca: o viño, a castaña, o aceite e o mel; por outra, cos catro materiais esenciais para o desenvolvemento da vida na contorna: a pedra, o ferro, a madeira e os tecidos. Tamén teñen o seu espazo, como non podía ser doutro xeito, o agro e a gandería, a estancia principal da casa: a lareira e a entrañable escola unitaria das nosas aldeas.

Nestas instalacións tamén poden verse dende hai tempo un dos famosos coches de Salvador Ontiveros e a magnífica imprenta da lendaria tenda El Derroche.

Todos os contidos presentes nesta colección atopan a súa síntese na recreación dunha aldea tradicional destas montañas coa exposición das maquetas que foron decorado da película galega de animación O Apóstolo, de “Artefacto Producciones”; onde pedra, madeira, ferro etc, atopan o seu lugar para facilitar a vida das xentes desta terra dura pero agradecida.

salas do museo etnográfico de quiroga

As nosas Salas

Sala Cultura do Mel do Museo Etnográfico
Este produto, sempre moi unido ás terras do Xeoparque, non parou de evolucionar; os sistemas de produción variaron dende os primitivos cortizos ata a moderna colmea de alzas. Presentámolos nunha recreación moi particular das ancestrais alvarizas que decoran por centos as nosas montañas.

Os castiñeiros seguen alzados nos seus melancólicos soutos dándolle esplendor a nosa paisaxe. Este espazo está dedicado a algo tan noso como o proceso de secado da castaña e a súa evolución ata quedar limpa e lista para consumir durante todo o ano.

Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico
A cultura do viño sempre estivo estreitamente ligada as partes baixas das Montañas do Courel, na cunca do río Sil. Nesta sala podemos ver a representación dunha adega tradicional con materiais e aparellos relacionados con todo o ciclo do viño, dende os coidados na viña ata a elaboración da augardente a partir do bagazo da uva unha vez separado do viño.
Cultura do Aceite no Museo Etnográfico

É o produto singular do sur do Xeoparque, polo seu clima especial, as parroquias bañadas polo río Sil producen o auténtico aceite autóctono de Galicia. Un dos grandes retos para o Museo Etnográfico de Quiroga foi contar nas súas instalacións coa maquinaria dun muíño tradicional de aceite onde contar a historia do noso aceite especial.

O pendello no Museo Etnográfico

Era unha das principais dependencias da casa tradicional. Nesta sala atópanse os elementos relacionados coa agricultura e a gandería, formando parte importante da vida cotiá nun pasado non tan remoto.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

Recollemos as dúas fases principais do traballo coa madeira: a súa obtención no bosque e a posterior transformación polos carpinteiros. Do bosque sacábanse as táboas; despois de derrubar as árbores cun tronzador e de escuadralas co machado, upábase a torada enriba da burra, axudándose no outro extremo con dous puntais, e os serranchíns procedían a serralas empregando a serra de aire ou a serra portuguesa. As táboas chegaban ás distintas carpinterías para transformalas en todo tipo de aparellos, mobles etc.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico
A tradición do ferro foi sempre grande nas Montañas do Courel; quince ferrerías abastecían de material ás numerosas forxas existentes nas aldeas para a fabricación de todo tipo de pezas e ferramentas deste prezado material.
Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

É o corazón da casa tradicional, lugar de cociña e reunión por excelencia, e o dormitorio lugar de descanso. Recóllense aquí unha mostra dos elementos imprescindibles nestas estancias.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

Foi unha das últimas incorporacións á exposición do Museo Etnográfico de Quiroga. A recolleita de varios tipos de pupitres empregados nas vellas escolas unitarias do territorio, deu pé a pescudar nas aldeas na busca do resto dos elementos das entrañables aulas dos primeiros anos do século XX: encerado, mesa do mestre, mapas, xoguetes, libros, estufa de carbón… conforman o universo da escola querida e odiada na mesma medida.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

O Sector téxtil conta, tamén, cunha importante tradición no Xeoparque, sobre todo nas parroquias da montaña. La e liño traballáronse en numerosos teares como o que se exhibe no museo de Quiroga, onde se mantén viva, dende a súa apertura, a tradición das tecedeiras.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

Todos os contidos presentes nesta colección teñen a súa síntese na recreación dunha aldea típica destas montañas coa exposición das maquetas que foron decorado da película galega de animación O Apóstolo, de "Artefacto Producciones"; onde pedra, madeira, ferro etc, atopan o seu lugar para facilitar a vida das xentes desta terra dura pero agradecida.

Sala do traballo da madera tradicional do Museo Etnográfico

Teas, roupa, calzado e papelería foron o seu forte, pero El Derroche tivo a primeira funeraria, o primeiro estanco, despacho de material eléctrico e venda de produtos fito-sanitarios, xoguetes modernos e, por suposto, a primeira e única imprenta da comarca.