A Madeira

Recollemos as dúas fases principais do traballo coa madeira: a súa obtención no bosque e a posterior transformación polos carpinteiros.

Do bosque sacábanse as táboas; despois de derrubar as árbores cun tronzador e de escuadralas co machado, upábase a torada enriba da burra, axudándose no outro extremo con dous puntais, e os serranchíns procedían a serralas empregando a serra de aire ou a serra portuguesa.

As táboas chegaban ás distintas carpinterías para transformalas en todo tipo de aparellos, mobles etc.

A Madeira