SALA 5 – Minería no Xeoparque

Mineria no parque xeolóxico

Minería antigua e recente no Xeoparque

As Montañas do Courel comprenden unha das comarcas mineiras máis importantes de Galicia, polo que a última sala do Museo está dedicada ao aproveitamento mineiro acontecido dende a Prehistoria ata a actualidade. Os materias xeolóxicos máis importantes foron cinco: a lousa, o ouro, o ferro, a calcaria e a antimonita, das cales só sobrevive a lousa como motor económico de Quiroga e Folgoso do Courel. Porén,  a galena, o volframio, a prata e, mesmo, o mercurio, tamén foron explotados nalgún recuncho da xeografía do Xeoparque. A isto hai que engadir as cuarcitas, que aínda se explotan para áridos en Ribas de Sil.

Analízanse as características singulares que fixeron as rochas e minerais das Montañas do Courel claves para o seu desenvolvemento, para que se empregan, como aparecen no medio natural e os principais xacementos de cada un. Ademais, destácanse os principais sistemas de explotación e a súa evolución no tempo, incluído as tecnoloxías actuais empregadas no aproveitamento da lousa, protagonista principal destas montañas dende a Prehistoria