As poetas do río Sil
ESTA AGRIDOCE VIDA
(PURA VÁZQUEZ)
Relatoras: Nadira Robeldo, Desi García e Noa Mondelo (4ºESO)
NAS BÁGOAS DO PASADO
(PURA VÁZQUEZ)
Relatora: Naiara González (1ºESO)
LÉMBRASTE
(DORA VÁZQUEZ)
Relatora: Ana Mateo (3ºESO)
PASATEMPO FERIDO DE VERSOS
(DORA VÁZQUEZ)
Relatora: Nadia Touzón (3ºESO)
MULLER GALEGA
(DORA VÁZQUEZ)
Relatoras: Sara Vaz, Diana Ocambo e Xiana López (1ºESO)
Dora Vázquez Iglesias
- Nacemento: Ourense, 1913
- Falecemento: Ourense, 2010
- Obras destacadas:
- Irmá (1970)
- Pasatempo ferido de versos (1999)
- Campo e mar aberto (1975)
- Madeixas debandando (1997)
- O troleiro e outros contos (2000)
- Profesión: Mestra, escritora
- Distincións:
- Premio O Facho
Pura Vázquez Iglesias
- Nacemento: Ourense, 1918
- Fallecemento: Ourense, 2010
- Obras destacadas:
- Íntimas (1952)
- Maturidade (1953)
- Desmemoriado río (1997)
- Terra matria de soños (1999)
- Náufragos da elexía (2001)
- Todo vén desa luz (2004)
- Profesión: Mestra, escritora
- Distincións:
- Medalla Castelao 1995
- Premio Trasalba 1996-Premio das Letras e as Artes de Galicia 2000
- Membro da Real Academia Galega dende 1949
- Artes de Galicia 2000
- Membro da Real Academia Galega dende 1949
Sendo nenas, a familia das ourensás Pura e Dora Vázquez, recalou nesta casa de Quiroga a onde chegaron procedentes da Coruña, por causa do traballo do seu pai como xefe da oficina de Correos. Logo de dous anos en Quiroga, e novamente por razóns laborais paternas, a familia Vázquez Iglesias regresou a Ourense.
Dora, a maior das irmáns, obtén o título de mestra, e o seu primeiro destino é Teimende, en Parada do Sil, onde permanecerá 18 anos.
Poeta, narradora, dramaturaga e articulista, a súa obra centrouse especialmente na narrativa destinada ao lectorado infantil e xuvenil, con textos de carácter didáctico exemplarizante.
Pura interrompe os seus estudos pola Guerra Civil española e permanece en Teimende coa súa irmá. non será ata 1944 cando regrese a Ourense e remate a súa carreira de Maxisterio, profesión que exerceu en distintas escolas de Ourense e Castela, e tamén durante un tempo en Venezuela.
Foi a primeira muller que publicou en galego despois da Guerra Civil e asemade unha das pioneiras da literatura infantil e xuvenil. Cultivou principalmente a poesía, mais tamén escribiu narrativa, teatro, ensaios e artigos xornalísticos. Participou tamén en numerosas obras poéticas colectivas.
Entre as dúas irmáns escribiron tamén obras a catro mans: Monicreques (1974), Oriolos neneiros (1975), Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), Teatro completo para nenos (2000).
Pura e Dora Vázquez dan nome dende o ano 2002 ao Premio de narración infantil e xuvenil e de ilustración que convoca anualmente a Deputación de Ourense.
En Quiroga, o meu pai tiña nos baixos do edificio a súa oficina de Correos, na que el era o xefe; ademais, tiña que repartir o correo por toda a vila, e distribuílo ás localidades da contorna, que eran aldeíñas daquela, e a meirande parte delas estaban cerca da vila; aínda que tamén o enviaban ós concellos do partido xudicial. Os carteiros das aldeas dos arredores pasaban pola estafeta para recoller alí todo o correo.
O traballo para o papá era pouco e facíao rápido, polo que lle quedaba bastante tempo libre, e como el sabía moito de facer zapatos e botas de encarga, instalou un pequeno negocio paralelo, e colleu un xove axudante para que atendese ese negocio mentres el tiña que traballar fóra.
Tíñamos a vivenda no primeiro andar e a casa estaba na mesma estrada pola que se ía a estación. Desde as ventás e as galerías da casa, viamos o río Sil, que foi, co Miño de Ourense, fundamental na miña vida amante da auga, logo pasaron aquelas crises de medo vividas no Orzán da Coruña. Eses dous ríos, Sil e Miño, mantiveron durante anos a tenra ilusión que conservei sempre polo mar.
(Terra matria dos soños, 1999)