A Aldea

Todos os contidos presentes nesta colección teñen a súa síntese na recreación dunha aldea típica destas montañas coa exposición das maquetas que foron decorado da película galega de animación “O Apóstolo”, de Artefacto Producciones; onde pedra, madeira, ferro etc, atopan o seu lugar para facilitar a vida das xentes desta terra dura pero agradecida.