Padre Luis Losada

PADRE LUIS LOSADA / Filósofo, teólogo, escritor e poeta quirogués no S.XVIII

  • Nacemento: San Vitoiro (Quiroga), 1681
  • Falecemento: Salamanca, 1748
  • Obras destacadas:

                -Curso de filosofía, Institutiones Dialecticae (1721)

                –Loa a D. Felipe Gil de Taboada, presidente de la Real Chancillería de Valladolid (1716)

                –Entremés del borracho (1721)

                –Loa a la dedicación del nuevo Camarín de Nuestra Señora de las Ermitas (1729)

  • Profesión: Padre Xesuíta, profesor universitario de Teoloxía e Filosofía, escritor.

 

Nesta casa da aldea de San Vitoiro, na freguesía da Ermida, naceu o Padre Luis Losada no seo dunha familia nobre con devanceiros encomendeiros da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Dende neno, Luis Losada, amosou un grande talento para as matemáticas, a física, as letras e as linguas. De feito chegou a dominar o hebreo, o grego, o castelán, o italiano, o francés e sobre todo, o latín e o galego.

Desenvolveu a maior parte da súa traxectoria en Salamanca, ingresou nos xesuítas con 16 anos, estudou Humanidades no Colexio de Vilagarcía de Campos, Artes en Santiago de Compostela, Gramática en Monforte de Lemos e Teoloxía na Universidade de Salamanca, onde impartiu clases.

Despois do seu falecemento en Salamanca, aos 67 anos de idade, a Gaceta de Madrid, publicou, no número 5 de marzo de 1748, unha eloxiosa necrolóxica:  

“El día 27. Del pasado muriò en Salamanca de 67. Años de edad el Padre Luis de Losada, de la Compañía de Jesus, sugeto de singular carácter por su constante estudio, vasta erudición, delicado gusto, y exacta critica en el escribir, con que supo conciliarse la mayor estimacion, y hacerse un merito muy particular entre los mayores sabios de España, y fuera de ella, que miraron sus producciones literarias como obras dignas de un hombre grande, y consumado, no siendo inferiores las prendas de virtud, y religion, que adornaron su espiritu”.