A Cultura do Viño

Sala da Cultura do Viño do Museo Etnográfico

A cultura do viño sempre estivo estreitamente ligada as partes baixas das Montañas do Courel, na cunca do río Sil.

Nesta sala podemos ver a representación dunha adega tradicional con materiais e aparellos relacionados con todo o ciclo do viño, dende os coidados na viña ata a elaboración da augardente a partir do bagazo da uva unha vez separado do viño.

Sala da Cultura do Viño

As variedades de uva que nos podemos atopar nesta zona son:

Variedades de Uva
Variedades brancas
Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca, Branco Lexítimo, Caíño Branco, Albariño e Torrontés.
Variedades tintas
Mencía, Brancellao, Tempranillo, Sousón, Caíño Tinto, Caíño Longo, Caíño Bravo, Garnacha Tintureira, Mouratón, Gran Negro e Merenzao

A elaboración artesanal deste produto sempre formou parte da vida cotiá das xentes da nosa bisbarra.

As vides, do mesmo xeito que as oliveiras e os castiñeiros, intégranse nunha paisaxe singular e chea de contrastes.

O amplio val de Quiroga encaixase nunha das denominacións de orixe protexida de viños de Galicia coñecida como Ribeira Sacra, concretamente a subzona Quiroga-Bibei.

Como se dí que o Miño leva a fama e o Sil a auga en Quiroga sucede algo similar pois a maior produción de viño da Ribeira Sacra producese nestas terras.

Sendo así, en Quiroga podemos encontrarnos con diferentes bodegas pertencentes a denominación de orixe protexido.