Cando a arte urbana chegou a Quiroga foi para quedarse, arraigarse ás nosas raíces e formar parte do noso universo. Son moitas/os as/os involucrados/as neste proxecto que xuntaron esforzos para que diferentes manifestacións artísticas se abran paso a través de varios edificios da vila: a Asociación Cultural Quiroga en Marcha, o Concello de Quiroga, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Deputación Provincial de Lugo, promoveron un latexo de vida e cor que amosa as nosas raíces, a nosa cultura, a nosa forma de vida e o intenso xeito no que sentimos as cousas as/os quirogueses/AS. Únete a nós na interpretación artística que fan do noso Patrimonio destacadas/os artistas. Atoparás os nosos produtos: viño, mel e aceite, as/os nosas/os escritoras/es, o Camiño de Santiago…
Este banco inicia a serie de bancos temáticos de Quiroga; a novidade consiste en empregar estes chamativos e visibles soportes, para destacar conceptos, eventos, produtos etc.
A serie empeza cun magnífico exemplo de representación artística da sororidade, moi recoñecible polas súas cores e formas.
Un ano máis a Oficina da Muller do Concello de Quiroga conmemora o Día Internacional da Muller apostando por un novo elemento da arte urbana.
Estas dúas esculturas realizadas polo salamantino Felipe Piñuela prentenden poñer en valor a cultura literaria de Quiroga.
Os recoñecidos autores cuxos nomes decoran os lapis da cultura, forón elexidos non só pola aportación que fixeron á literatura galega e castelá, senón tamén por estar vinculados coas terras de Quiroga.
@s autor@s representados son: Ánxel Fole, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal, Luz Pozo Garza, Eduardo Moreiras e as irmás Pura e Dora Vázquez.
Autores: José Muruzábal – Yoseba MP
É un dos muráis que pertencen á serie que José Muruzábal está a desenvolver por toda Galicia chamada “superavoas“.
Quere representar cunha boa dose de humor «A muller rural galega minifundista que realiza labores do campo ata os oitenta anos con unha enerxía e condición física sorprendentes», segundo as súas propias palabras.
ERUDINA, “A SUPERAVOA VENDIMADORA”
Relatora: María Vila (4ºESO – IES Quiroga)
Autor: José Muruzábal – Yoseba MP
Mural que sae do visto ata agora deste artista recoñecido pola súa serie adicada as “superavoas“.
No seu segundo mural en Quiroga representa o Meco e as Pampórnigas, personaxes míticos da Cultura e a Historia de Quiroga que cada ano saen a danzar polas rúas da Ermida durante a Romaxe da Virxe dos Remedios da Ermida.
ROMAXE DA ERMIDA
Relatora: Nadia Touzón (4ºESO – IES Quiroga)
Autor: Mon Devane
Pintura mural realizada polo artista ourensán Mon Devane que, xunto co mural realizado no Auditorio Municipal de Quiroga, compoñen unha serie de dúas pezas que pretende poñer en valor a etnografía e a cultura de Quiroga.
Neste mural evidénciase a importancia que ten o Camiño de Inverno na vila de Quiroga; cun formato espectacular polas súas dimensións, pódese observar a unha muller coa indumentaria de peregrina, dentro das pautas cromáticas características deste muralista.
Autor: Germán González
Mural adicado ao mel, un dos produtos típicos de Quiroga xunto co viño, o aceite e as castañas.
O mel no val do río Sil e nas Montañas do Courel é un produto que vai máis alá do puramente gastronómico xa que ten un forte compoñente cultural e natural.
Sempre que nos referimos ao noso mel están presentes as alvarizas (estruturas circulares fabricadas en pedra para protexer as colmeas; preto de 300 no territorio do Xeoparque das Montañas do Courel) e o oso pardo; un animal que vivíu nestas montañas, marchou e retorna agora, agardamos, para quedarse.
Cada 10 de agosto a vila quiroguesa acolle a Mostra do Mel, onde os apicultores amosan e venden os seus produtos.
Autor: Manuel García Losada
A fachada principal do Museo Xeolóxico de Quiroga foi deseñada polo artista local Manuel García Losada.
Combinación harmónica da pedra, a madeira e o ferro, para xerar un espazo acolledor composto por varios volumes que xogan coas sombras, para completar unha magnífica traza simplificada da estrutura xeolóxica coñecida como dobra deitada das Montañas do Courel.
Autor: Iván Floro – Van Vuu
Mural que evoca o sentimento da Ribeira Sacra a través dunha moza á beira dun río.
No propio mural pódese observar o característico estilo impresionista que fixo tan famoso a este artista, sempre entre a ortodoxia e a provocación.
XOVE NA BEIRA DA AUGA
Relatora: Celia López (4ºESO – IES Quiroga)
Autor: Pablo Sanjuro – Van Kraf
Retrato como recordo a “nai das letras galegas” que serve para dar voz a cuestións tan de actualidade como os dereitos das mulleres, a defensa do galego ou a denuncia da emigración.
Como pode comprobarse a súa figura segue sendo fonte de inspiración de numerosos artistas na actualidade.
Autor: José Luis Lemos
A partir dunha frase, o pintor propón un espazo agradable e romántico para bicarse; para iso usou unha gama de cores primaverais xunto con diversos motivos florais que evocan a mencionada estación.
Autora: Abi Castillo
Pintura mural realizada nas inmediacións do Polideportivo de Quiroga pola artista Abi Castillo.
Pódese representar a sororidade (solidaridade entre mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal)? Xulguen @s espectadores/ras.
Igual que outras obras desta ruta, fíxose para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Autor: Obradoiro Emprego Sillor IV
No ano 2020 @s traballador@s do Obradoiro de Emprego Sillor IV foron os encargados de embelecer unha zona de Quiroga, entre o Colexio de Infantil e Primaria, o Pavillón Polideportivo e o Albergue Municipal, que estaba moi deteriorada polo paso dos anos.
Tendo en conta o contexto, ao máis puro estilo de Piet Mondrain, decidiron xogar con cores e formas xeométricas para definir un espazo moito máis alegre e humano.
Autores: Miguel Peralta e Xoana Alma
(Cestola na Cachola)
Pintura mural realizada nunha das fachadas do Albergue de Quiroga no ano 2015 dentro dunha serie para promociar a Ribeira Sacra.
Os artistas dan forma a unha aureana/lavandeira, ser mitolóxico que está en relación coas lendas de xacias e mouras.
Autor: Felipe Piñuela
Autor: Escola de Arte de Salamanca
Quiroga, co impulso da Asociación Quiroga en Marcha, rende homenaxe aos peregrinos do Camiño de Inverno con esta escultura en aceiro corten sobre base de cuarcita.
Está emprazada no propio Camiño de Inverno ao carón do albergue municipal.
Autor: Manuel García Losada
A arte pop inspira ao artista para a decoración temática dun banco dedicado a un produto, o viño, e a festa gastronómica dedicada a este produto; a Feira do Viño de Quiroga, a decana das Feiras do Viño da Ribeira Sacra, dende o ano 1980 converteuse nun referente gastronóimico e cultural dentro e fóra de Galicia.
Cada sábado e domingo de Pascua pasan por Quiroga milleiros de visitantes atraídos pola oferta deste certame.
Autor: Mon Devane
Monumental mural realizado na fachada posterior do Auditorio Municipal de Quiroga para reflexar unha das xoias de Quiroga, a oliva.
Esta obra quere poñer en relevancia un dos produtos que tanto significa para Quiroga, o aceite.
Como poderán observar @s visitantes, o artista Mon Devane, representou a un cativo suxeitando unha oliva dentro da súa característica escala cromática.
Autor: Manuel García Losada
Este banco inicia a serie de bancos temáticos de Quiroga; a novidade consiste en empregar estes chamativos e visibles soportes, para destacar conceptos, eventos, produtos etc. A serie empeza cun magnífico exemplo de representación artística da sororidade, moi recoñecible polas súas cores e formas. Un ano máis a Oficina da Muller do Concello de Quiroga conmemora o Día Internacional da Muller apostando por un novo elemento da arte urbana.
Autor: José Muruzábal - Yoseba MP
É un dos muráis que pertencen á serie que Muruzábal está a desenvolver por toda Galicia chamada “superavoas”. Quere representar cunha boa dose de humor «A muller rural galega minifundista que realiza labores do campo ata os oitenta anos con unha enerxía e condición física sorprendentes», segundo as súas propias palabras.
Autor: José Muruzábal – Yoseba MP
Mural que sae do visto ata agora deste artista recoñecido pola súa serie adicada as “superavoas”. No seu segundo mural en Quiroga representa o Meco e as Pampórnigas, personaxes míticos da Cultura e a Historia de Quiroga que cada ano saen a danzar polas rúas da Ermida durante a Romaxe da Virxe dos Remedios da Ermida.
Autor: Mon Devane
Pintura mural realizada polo artista ourensán Mon Devane que, xunto co mural realizado no Auditorio Municipal de Quiroga, compoñen unha serie de dúas pezas que pretende poñer en valor a etnografía e a cultura de Quiroga. Neste mural evidénciase a importancia que ten o Camiño de Inverno na vila de Quiroga; cun fórmato espectacular polas súas dimensións, pódese observar a unha muller coa indumentaria de peregrina, dentro das pautas cromáticas características deste muralista.
Autor: Germán González
Mural adicado ao mel, un dos produtos típicos de Quiroga xunto co viño, o aceite e as castañas. O mel no val do río Sil e nas Montañas do Courel é un produto que vai máis alá do puramente gastronómico xa que ten un forte compoñente cultural e natural. Sempre que nos referimos ao noso mel están presentes as alvarizas (estruturas circulares fabricadas en pedra para protexer as colmeas; preto de 300 no territorio do Xeoparque das Montañas do Courel) e o oso pardo; un animal que viviu nestas montañas, marchou e retorna agora, agardamos, para quedarse.
Cada 10 de agosto a vila quiroguesa acolle a Mostra do Mel, onde os apicultores amosan e venden os seus produtos.
Autor: Manuel García Losada
A fachada principal do Museo Xeolóxico de Quiroga foi deseñada polo artista local Manuel García Losada. Combinación harmónica da pedra, a madeira e o ferro, para xerar un espazo acolledor composto por varios volumnes que xogan coas sombras, para completar unha magnífica traza simplificada da estrutura xeolóxica coñecida como dobra deitada das Montañas do Courel.
Autor: Iván Floro - Van Vuu
Mural que evoca o sentimento da RIbeira Sacra a través dunha moza á beira dun río. No propio mural pódese observar o característico estilo impresionista que fixo tan famoso a este artista, sempre entre a ortodoxia e a provocación.
Autor: Pablo Sanjuro - Van Kraf
Retrato como recordo á “nai das letras galegas”que serve para dar voz a cuestións tan de actualidade como os dereitos das mulleres, a defensa do galego ou a denuncia da emigración. Como pode comprobarse a súa figura segue sendo fonte de inspiración de numerosos artistas na actualidade.
Autor: José Luis Lemos
A partir dunha frase, o pintor propón un espazo agradable e romántico para bicarse; para iso usou unha gama de cores primaverais xunto con diversos motivos florais que evocan a mencionada estación.
Autora: Abi Castillo
Pintura mural realizada nas inmediacións do Polideportivo de Quiroga pola artista Abi Castillo. Pódese representar a sororidade (solidaridade entre mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal)? Xulguen @s espectadores/ras.
Igual que outras obras desta ruta, fíxose para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Autor: Obradoiro Emprego Sillor IV
No ano 2020 @s traballador@s do Obradoiro de Emprego Sillor IV foron os encargados de embelecer unha zona de Quiroga, entre o Colexio de Infantil e Primaria, o Pavillón Polideportivo e o Albergue Municipal, que estaba moi deteriorada polo paso dos anos. Tendo en conta o contexto, ao máis puro estilo de Piet Mondrain, decidiron xogar con cores e formas xeométricas para definir un espazo moito máis alegre e humano.
Autores: Miguel Peralta e Xoana Alma
(Cestola na Cachola)
Pintura mural realizada nunha das fachadas do Albergue de Quiroga no ano 2015 dentro dunha serie para promociar a Ribeira Sacra. Os artistas dan forma a unha aureana/lavandeira, ser mitolóxico que está en relación coas lendas de xacias e mouras.
Autor: Felipe Piñuela
Autor: Escola de Arte de Salamanca
Quiroga, co impulso da Asociación Quiroga en Marcha, rende homenaxe aos peregrinos do Camiño de Inverno con esta escultura en aceiro corten sobre base de cuarcita. Está emprazada no propio Camiño de Inverno ao carón do albergue municipal.
Autor: Manuel García Losada
A arte pop inspira ao artista para a decoración temática dun banco dedicado a un produto, o viño, e a festa gastronómica dedicada a este produto; a Feira do Viño de Quiroga, a decana das Feiras do Viño da Ribeira Sacra, dende o ano 1980 converteuse nun referente gastronóimico e cultural dentro de fóra de Galicia. Cada sábado e domingo de Pascua pasan por Quiroga milleiros de visitantes atraídos pola oferta deste certame.
Autor: Mon Devane
Monumental mural realizado na fachada posterior do Auditorio Municipal de Quiroga para reflexar unha das xoias de Quiroga, a oliva. Esta obra quere poñer en relevancia un dos produtos que tanto significa para Quiroga, o aceite. Como se poderán observar @s visitantes, o artista Mon Devane, representou a un cativo suxeitando unha oliva dentro da súa característica escala cromática.
Museo Etnográfico
Teléfono 982435125
cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es