Mon Devane: Peregrina do Camiño de Inverno

PEREGRINA DO CAMIÑO DE INVERNO. 2021

Autor: Mon Devane

Pintura mural realizada polo artista ourensán Mon Devane que, xunto co mural realizado no Auditorio Municipal de Quiroga, compoñen unha serie de dúas pezas que pretende poñer en valor a etnografía e a cultura de Quiroga.

Neste mural evidénciase a importancia que ten o Camiño de Inverno na vila de Quiroga; cun formato espectacular polas súas dimensións, pódese observar a unha muller coa indumentaria de peregrina, dentro das pautas cromáticas características deste muralista.