Autor: Manuel García Losada
A arte pop inspira ao artista para a decoración temática dun banco dedicado a un produto, o viño, e a festa gastronómica dedicada a este produto; a Feira do Viño de Quiroga, a decana das Feiras do Viño da Ribeira Sacra, dende o ano 1980 converteuse nun referente gastronóimico e cultural dentro e fóra de Galicia.
Cada sábado e domingo de Pascua pasan por Quiroga milleiros de visitantes atraídos pola oferta deste certame.