SORORIDADE

BANCO TEMÁTICO 1: SORORIDADE. 2022

Este banco inicia a serie de bancos temáticos de Quiroga; a novidade consiste en empregar estes chamativos e visibles soportes, para destacar conceptos, eventos, produtos etc.

A serie empeza cun magnífico exemplo de representación artística da sororidade, moi recoñecible polas súas cores e formas.

Un ano máis a Oficina da Muller do Concello de Quiroga conmemora o Día Internacional da Muller apostando por un novo elemento da arte urbana.