MUSEO XEOLÓXICO (MuXeQ). FACHADA, 2022

Autor: Manuel García Losada

A fachada principal do Museo Xeolóxico de Quiroga foi deseñada polo artista local Manuel García Losada.

Combinación harmónica da pedra, a madeira e o ferro, para xerar un espazo acolledor composto por varios volumes que xogan coas sombras, para completar unha magnífica traza simplificada da estrutura xeolóxica coñecida como dobra deitada das Montañas do Courel.