Ernesto Guerra Da Cal

Quiroga, O “Paraíso na Memoria”

MORRINHA DE RÍO E LÚA

Relatora: Celia Díaz

ONTEM DE COR E AUGA

Relatora: Celia Parra

MAIS UMA VEZ


Relatora: Aitana Núñez (3ºESO)

MORRINHA DE RÍO E LÚA


Relator: Miguel Sánchez (2ºESO)

ONTEM DE COR E AUGA


Relator: Nacho González (4ºESO)

ERNESTO GUERRA DA CAL

  • Nacemento: El Ferrol, 1911
  • Falecemento: Lisboa, 1994
  • Obras destacadas:

                -Lúa de alén mar (1959)

                -Poemas (1961)

                -Rio de sonho e tempo (1962)

                -Motivos de eu (1985)

                -Futuro inmemorial (1985)

                -Espelho cego (1990)

  • Profesión: Poeta, ensaísta, docente e académico.
  • Distincións: Obtivo a Bolsa de Estudos Guggenheim.

“Aínda que nascido no Ferrol, sempre me considerei quirogués”, afirmaba Guerra da Cal. Parte da súa infancia transcorreu nesta casa, mudándose despois para a esquina oposta desta praza nº 3 e para o número 44 da Rúa Real.

Quiroga é para o poeta “Edém de infáncia”, “Paraíso infantil da memoria” ou “Jardim de lembranças sossegado” ao que regresa a súa ollada emocionada. As ribeiras do Sil e do Lor, as montañas do Courel, o espazo íntimo da casa, as rúas e as xentes daquel tempo convértense en saudosas lembranzas, amorosamente custodiadas e sempre presentes nos seus libros, especialmente en Río de sonho e tempo e en Lua de Além-Mar.

Ernesto Guerra da Cal foi capitán do Exército da República durante a Guerra Civil. No 1939 exiliouse nos Estados Unidos, onde mantivo unha estreita relación con Castelao e outros intelectuais tamén exiliados. Desenvolveu unha prolífica carreira docente nas universidades de Columbia e Nova York, xunto co labor de conferenciante, investigador e crítico literario. En 1954 obtivo a nacionalidade americana e adoptou os apelidos Guerra da Cal en substitución de Pérez Guerra orixinarios. Xa xubilado, instalouse en Lóndres, máis tarde transladouse a Estoril e logo a Lisboa, a súa residencia derradeira.

Defendeu a unidade lingüística galego-portuguesa, o reintegracionismo, e contribuíu a espallar as teses da Lusofonía.

ONTEM DE COR E ÁUGA

Do lor ao Sil
que verdor
de orvalho
no mês de abril!

(Río de Sonho e Tempo)

 

MORRINHA DE RÍO E LUA

Ai, meu Sil,
meu meigo rio
que tiñas os olhos verdes
e donairoso o feitio.

(Lua de Além-Mar)