A escola foi unha das últimas incorporacións á exposición do Museo Etnográfico de Quiroga.
A recolleita de varios tipos de pupitres empregados nas vellas escolas unitarias do territorio, deu pé a pescudar nas aldeas na busca do resto dos elementos das entrañables aulas dos primeiros anos do século XX: encerado, mesa do mestre, mapas, xoguetes, libros, estufa de carbón… conforman o universo da escola querida e odiada na mesma medida.