Sala multifuncional adicada sobre todo aos produtos gastronómicos emprazada no espazo que nestas terras se coñece como “antebodega“.
Moitas das adegas do Val do Sil teñen diante unha dependencia pola que se accede ao seu interior; este espazo que busca crear unha temperatura máis estable, independiente da exterior, aproveitase como lugar de reunión en vendimas, matanzas e demais tarefas ao longo do ano.
Aquí, esta disposición, serviunos ademais do espazo para catar e aprender sobre gastronomía, para acoller coleccións e pezas singulares que necesitan protección especial.