
Cousos do lobo
Os eidos Poema nº 8
- Nacemento: Parada de Moreda (Folgoso do Courel), 1930
- Falecemento: Santiago de Compostela, 1999
- Obras destacadas:
- Os Eidos (1955)
- Elegías del Courel y otros poemas (1967)
- Os Eidos II (1974)
- Poemas caligráficos (1979)
- Muller para lonxe (1986)
- Do Courel a Compostela (1988)
- Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as palabras (1994)
- Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rutas (1999)
- Profesión: Traballador de radio y TV, poeta, recitador (“dicidor”)
- Distincións:
- Día das Letras Galegas 2010
- Pregoeiro da 1ª edición de la Feira do Viño de Quiroga (11-11-1980)
Levan o seu nome dezaoito rúas, o CPI de Folgoso do Courel e o CPI de Pedrafita do Cebreiro; as bibliotecas de Vilaboa (Culleredo) e o IES Monte alto.
A súa obra abrangue diversas liñas poéticas: paisaxística, social, amorosa ou existencial, sempre comprometida coa Terra, evidenciado o seu compromiso nacionalista e a adiantada dimensión ecolóxica dos seus versos. Os tesos cumes de Formigueiros, Montouto e Pía Paxaro marcan un espazo xeográfico de soutos, prados, eidos, vales, devesas, fontes, regatos, lobos e aguias, no que os topónimos enfatizan a súa beleza. Formalmente destaca polo simbolismo gráfico e visual (caligramas), a esencialidade e a sonoridade da lingua oral courelá.
Quiroga, ademais de espazo xeográfico compartido na inmensidade da Serra do Courel, foi para Uxío Novoneyra unha etapa do seu traxecto por estrada desde Parada, pois xusto neste punto, onde se situaba o histórico comercio El Derroche, agardaba Uxío polo autobús de liña que o levaba a outros lugares de Galicia. É tamén terra de excelentes vides, como declara na lapidaria sentenza “Quiroga é un viño”.
A casa natal de Parada, a Casa da Fonte, é a sede da Fundación Uxío Novoneyra, casa-museo persoal e tamén centro dinamizador cultural que celebra cada verán o Festival dos Eidos, así como espazo para residencias poéticas.
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
(Os Eidos. Libro do Courel)
Lugo Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
I esta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.
(Arrodeos)