A fidelidade á Terra Quiroguesa
NON HAI DÚAS SEN TRES
Relatores: Diego Arias – Ethan Folla – Nacho García (2ºBAC)
O LOBO
Relatoras: Aitana Núñez – Lúa González – Natalia Álvarez (3º-3º-4º ESO)
SAUDADE LÍQUIDA
Relator: Lúa González (3º ESO)
TERRA CO CAUREL – OS LOBOS
Relatoras: Celia López, Nadia Touzón, María Vila (3ºESO)
TROITAS
Relator: Roi Marcos Lama (6º EP)
VOLTABA
Relatora: Aynara Álvarez Rodríguez (6º EP)
O GRANDE PARLADOIRO
Relatores: Cristian Álvarez, Iván Franco, Samuel Gómez, Mario Marcos e José Ramón Romero (6º EP)
ANXEL FOLE
- Nacemento: Lugo, 1903
- Falecemento: Lugo, 1986
- Obras destacadas:
–Á lus do candil. Contos a carón do lume (1953)
–Terra Brava. Contos da solaina (1955)
–Contos da néboa (1972)
-¿E dicímolo ou non-o decimos? (1972)
–Historias que ninguén cre (1981)
–O conto de nunca acabar (1985)
–Contos de lobos (1985)
- Profesión: Escritor, periodista
- Membro da Real Academia Galega, 1963
- Día das Letras Galegas 1997, Medalla Castelao 1984
Ánxel Fole viviu nesta casa da Veiguiña, propiedade da familia Quiroga, desde o ano 1941 ata 1953, data na que volve definitivamente a Lugo.
O remate da Guerra Civil e o triunfo do bando fascista, aconsellan o seu abandono da cidade natal e aquí atopa un espazo protector para evitar represalias dos falanxistas por mor da súa militancia galeguista nos anos de preguerra, iniciando así o seu “exilio interior”.
Esta prolongada estadía orixina que a paisaxe e as xentes quiroguesas protagonicen moitas das súas páxinas, especialmente os relatos de Á lus do candil (escritos entre las paredes de esta casa), Contos da néboa e Historias que ninguén cre e a obra teatral Pauto do demo, que se inicia cun prólogo titulado “Soleira. Terra de Quiroga”.
“Polo outono, a paisaxe énchese de colores, por ser terra de viño. É a mellor sazón da paisaxe quiroguesa. Vense topacios nos chaos das viñas e tamén sangue e ouros pálidos. Os solpores esmorecen vagariño ca súa ourilocencia. Mais as primaveras do val de Quiroga tardan moito en esquencerse en que as contemplou. Os hortos farturentos, dende Camposdevila a San Martín, atéiganse de flores de neve, roibor e sangue”
(Pauto do demo, 1958)