Autor: Obradoiro Emprego Sillor IV No ano 2020 @s traballador@s do Obradoiro de Emprego Sillor IV foron os encargados de embelecer unha zona de Quiroga, entre o Colexio de Infantil e Primaria, o Pavillón Polideportivo e o Albergue Municipal, que estaba moi deteriorada polo paso dos anos. Tendo en conta o contexto, ao máis puro estilo de Piet Mondrain, decidiron xogar con cores e formas xeométricas para definir un espazo moito máis alegre e humano.
Read moreRuta da Arte Urbana
A LAVANDEIRA DO SIL. 2015
Autores: Miguel Peralta e Xoana Alma (Cestola na Cachola) Pintura mural realizada nunha das fachadas do Albergue de Quiroga no ano 2015 dentro dunha serie para promociar a Ribeira Sacra. Os artistas dan forma a unha aureana/lavandeira, ser mitolóxico que está en relación coas lendas de xacias e mouras.
Read moreOS LAPIS DA CULTURA. 2021
Autor: Felipe Piñuela
Read morePEREGRINO/A. 2022
Autor: Escola de Arte de Salamanca Quiroga, co impulso da Asociación Quiroga en Marcha, rende homenaxe aos peregrinos do Camiño de Inverno con esta escultura en aceiro corten sobre base de cuarcita. Está emprazada no propio Camiño de Inverno ao carón do albergue municipal.
Read moreBANCO TEMÁTICO 2. A FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA. 2022
Autor: Manuel García Losada A arte pop inspira ao artista para a decoración temática dun banco dedicado a un produto, o viño, e a festa gastronómica dedicada a este produto; a Feira do Viño de Quiroga, a decana das Feiras do Viño da Ribeira Sacra, dende o ano 1980 converteuse nun referente gastronóimico e cultural dentro e fóra de Galicia. Cada sábado e domingo de Pascua pasan por Quiroga milleiros de visitantes atraídos pola oferta deste certame.
Read moreNENO COA OLIVA. 2021 (Aceite de Quiroga)
Autor: Mon Devane Monumental mural realizado na fachada posterior do Auditorio Municipal de Quiroga para reflexar unha das xoias de Quiroga, a oliva. Esta obra quere poñer en relevancia un dos produtos que tanto significa para Quiroga, o aceite. Como poderán observar @s visitantes, o artista Mon Devane, representou a un cativo suxeitando unha oliva dentro da súa característica escala cromática.
Read moreMUSEO ETNOGRÁFICO (MEQ)
cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es Teléfono 982435125
Read more