Museo Etnográfico

A Castaña

Os castiñeiros seguen alzados nos seus melancólicos soutos dándolle esplendor a nosa paisaxe. Este espazo está dedicado a algo tan noso como o proceso de secado da castaña e a súa evolución ata quedar limpa e lista para consumir durante todo o ano. Castiñeiros do val, meus castiñeiros orfos, vellos, calados e retortos, co toro […]

Read more

A Madeira

Recollemos as dúas fases principais do traballo coa madeira: a súa obtención no bosque e a posterior transformación polos carpinteiros. Do bosque sacábanse as táboas; despois de derrubar as árbores cun tronzador e de escuadralas co machado, upábase a torada enriba da burra, axudándose no outro extremo con dous puntais, e os serranchíns procedían a […]

Read more

O Pendello

O pendello era unha das principais dependencias da casa tradicional. Nesta sala atópanse os elementos relacionados coa agricultura e a gandería, formando parte importante da vida cotiá nun pasado non tan remoto. As xentes de Quiroga, sempre tiveron unha estreita vinculación coa agricultura e a gandería. Tanto nas parroquias da montaña, como no propio val, […]

Read more

Outras salas

SALA DE CATAS Espacio dedicado á cata do viño e demais productos típicos que teñen acollida no museo. Nas paredes desta sala poden verse: Galería de Alcaldes (respaso visual e documental sobre os alcaldes de Quiroga dende o ano 1890). AULA DE AUDIOVISUAIS Espacio multimedia, con capacidade para 15 persoas, dedicado a mostrar mediante audiovisuais […]

Read more

Datos de interese do Museo Etnográfico de Quiroga

INFORMACIÓN E CONTACTODirecciónAuditorio Municipal, Rua Real, s/n Quiroga Lugo Email contactocultura.quiroga.quiroga@eidolocal.esHorarioACTUALIZADO MAIO 2022Luns a venres de 13:00 a 14:00.Sábados, domingos e festivos de 13:00 a 14:00h. Calquera hora e calquera día, previa cita para grupos de 10 ou máis persoas, chamando ao 982 435 125 ou no correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.esPrezo1 €

Read more