Museo Xeolóxico

Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel engloba os concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, no sur da provincia de Lugo, e constitúe un dos grandes valores naturais e culturais de Galicia (noroeste de España). Nos seus 578 Km2 de extensión, este territorio comprende dende o val do río Sil no sur, onde se asentan as poboacións máis grandes, ata as montañas do Courel no norte, onde se esconden máis de 50 suxestivas aldeas tradicionais. Descarga o folleto do museo As montañas do Courel atesouran un rico e variado Patrimonio Xeolóxico estreitamente relacionado co aproveitamento das rochas de construción, minerais industriais e outros recursos xeolóxicos, xa dende a Prehistoria. Este Patrimonio Xeolóxico é de marcado carácter tectónico e xeomorfolóxico, no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite denominado “Dobras deitadas das Montañas do Courel”. O Museo Xeolóxico de Quiroga é un dos piares do Xeoparque Montañas do Courel e forma parte da súa rede de museos e centros de interpretación, coma a Aula da Natureza da Devesa da Rogueira, o centro de interpretación das Covas de Meiraos e o do ouro de Ribas de Sil. O Museo de Quiroga inclúe os contidos xeolóxicos máis representativos da contorna ordenados do máis antigo ao máis moderno, en cinco salas cuxo contido é o seguinte: Formación Xeolóxica de Galicia Formación Xeolóxica de Galicia Análise dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio galego tal e como agora o coñecemos. Mediante reconstrucións paleográficas comprenderemos como a tectónica de placas deu lugar á formación e pregamento das rochas de Galicia, incluíndo a famosa dobra deitada de Campodola-Leixazós (Sinclinal da Serra do Courel).Ademais, esta sala amosa unha completa colección das rochas e minerais máis representativos do Xeoparque como exemplo da gran xeodiversidade da contorna, grazas a doazóns voluntarias dos colaboradores do Museo. A colección inclúe tanto rocas ígneas, metamórficas e sedimentarias, coma minerais moi escasos que foron obxecto de explotacións mineiras desde a chegada dos Romanos. Historia Paleontolóxica de Galicia, a Evolución da Vida O Xeoparque Montañas do Courel constitúe un contorno excepcional para o estudo da evolución da vida no NO da Península Ibérica durante o Paleozoico e o Cuaternario. Entre a fauna paleozoica destacan animais invertebrados coma os trilobites, cefalópodos, graptolitos, arqueociatos, crinoideos ou braquiópodos, que habitaron os mares onde se formaron a maioría das rochas do Xeoparque.Aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, investigada fundamentalmente polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Dita fauna comprende sobre todo grandes macromamíferos coma os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes laúdos, cervos …. Os cambios climáticos Cuaternarios nas Montañas do Courel O descubrimento e exploración das covas das Montañas do Courel abriu unha fascinante fiestra para o coñecemento dos climas e ambientes do noso pasado, tanto a escala local coma global. Os espeleotemas agochados nas covas do Xeoparque constitúen rexistros paleoclimáticos excepcionais que detallaron a evolución da temperatura e humidade do noso planeta, coma é o caso da estalagmita da Cova da Arcoia que se amosa nesta sala, que comezou a medrar hai 550.000 anos.As variacións climáticas rexistradas nas estalagmitas compáranse, entre outros, cos cambios climáticos globais, que inclúen períodos glaciares e interglaciares, e cos avances e retrocesos dos glaciares que ocuparon os cumios das Montañas do Courel no pasado. A dinámica destes glaciares plistocenos reconstruíuse a partir dos sedimentos glaciares e as formas xeomorfolóxicas que deixaron no relevo actual, coma o circo da Devesa da Rogueira. Os paneis da sala ilustran como se superpoñen ás formas actuais do relevo á antiga posición das frontes glaciares dende o momento de máxima extensión glaciar local ata o final da deglaciación, cando se formou a Lagoa da Lucenza nunha cubeta de sobreescavación glaciar. Esta lagoa rexistrou os cambios na vexetación da contorna desde os últimos 10.000 anos, incluíndo a chegada dos castiñeiros ou da agricultura hai 4.000 anos atrás. As primeiras ocupacións Humanas de Galicia Esta sala amosa unha sinxela e xeral visión da evolución dos homínidos, sempre en revisión e debate científico, dende os nosos antepasados africanos ata o actual Homo sapiens. É unha árbore filoxenética coas diferentes especies de homínidos que xurdiron no pasado, e que se extinguiron unha tras outra, cunha única excepción: nós.Os utensilios paleolíticos feitos en pedra descubertos na Gándara Cha, na parroquia da Ermida, a só 2 Km do Museo Xeolóxico, sitúan o Xeoparque Montañas do Courel no mapa da Prehistoria de Galicia, nunha das probables liñas de migración principais que seguían o val do río Sil. Estes utensilios, compostos por algo máis de 100 pezas, talláronse con materiais xeolóxicos da comarca (seixo, cuarcita de gran groso e fino) e traído dende afastados lugares, coma o sílex. Ademais, ilústranse os distintos modos de fabricación destas ferramentas en pedra de miles de anos de antigüidade.Do norte das Montañas do Courel, no Concello de Pedrafita do Cebreiro, proceden os restos fósiles humanos da coñecida como Elba, a pastora do Courel, que percorreu estes montes hai uns 9.500 anos. O seu estudo, liderado polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, permitiu coñecer como era en realidade Elba mediante unha reconstrución baseada no seu código xenético, preservado no ADN dos seus ósos. Minería antiga e recente no Xeoparque Esta sala amosa unha sinxela e xeral visión da evolución dos homínidos, sempre en revisión e debate científico, dende os nosos antepasados africanos ata o actual Homo sapiens. É unha árbore filoxenética coas diferentes especies de homínidos que xurdiron no pasado, e que se extinguiron unha tras outra, cunha única excepción: nós.Os utensilios paleolíticos feitos en pedra descubertos na Gándara Cha, na parroquia da Ermida, a só 2 Km do Museo Xeolóxico, sitúan o Xeoparque Montañas do Courel no mapa da Prehistoria de Galicia, nunha das probables liñas de migración principais que seguían o val do río Sil. Estes utensilios, compostos por algo máis de 100 pezas, talláronse con materiais xeolóxicos da comarca (seixo, cuarcita de gran groso e fino) e traído dende afastados

Read more

SALA 1 – Formación Xeolóxica de Galicia

Formación Xeolóxica de Galicia Sinclinal da Serra do Courel e as rochas do Xeoparque.  Análise dos principais acontecementos xeolóxicos que definen o territorio galego tal e como agora o coñecemos. Mediante reconstrucións paleográficas comprenderemos como a tectónica de placas deu lugar á formación e pregamento das rochas de Galicia, incluíndo a famosa dobra deitada de Campodola-Leixazós (Sinclinal da Serra do Courel). Ademais, esta sala amosa unha completa colección das rochas e minerais máis representativos do Xeoparque como exemplo da gran xeodiversidade da contorna, grazas a doazóns voluntarias dos colaboradores do Museo. A colección inclúe tanto rocas ígneas, metamórficas e sedimentarias, coma minerais moi escasos que foron obxecto de explotacións mineiras desde a chegada dos Romanos.

Read more

SALA 2 – A Evolución Da Vida

Historia Paleontolóxica de Galicia, a Evolución da Vida O rexistro fósil do Xeoparque Montañas do Courel. O Xeoparque Montañas do Courel constitúe un contorno excepcional para o estudo da evolución da vida no NO da Península Ibérica durante o Paleozoico e o Cuaternario. Entre a fauna paleozoica destacan animais invertebrados coma os trilobites, cefalópodos, graptolitos, arqueociatos, crinoideos ou braquiópodos, que habitaron os mares onde se formaron a maioría das rochas do Xeoparque.  Aínda que o máis espectacular son os restos da sorprendente e descoñecida fauna do Cuaternario de Galicia, investigada fundamentalmente polo Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña. Dita fauna comprende sobre todo grandes macromamíferos coma os osos das covas e osos pardos, bisontes, mamuts, rinocerontes laúdos, cervos…

Read more

SALA 3 – Os Cambios Climáticos

Os cambios climáticos Cuaternarios nas Montañas do Courel As pegadas da última glaciación. O descubrimento e exploración das covas das Montañas do Courel abriu unha fascinante fiestra para o coñecemento dos climas e ambientes do noso pasado, tanto a escala local coma global. Os espeleotemas agochados nas covas do Xeoparque constitúen rexistros paleoclimáticos excepcionais que detallaron a evolución da temperatura e humidade do noso planeta, coma é o caso da estalagmita da Cova da Arcoia que se amosa nesta sala, que comezou a medrar hai 550.000 anos. As variacións climáticas rexistradas nas estalagmitas compáranse, entre outros, cos cambios climáticos globais, que inclúen períodos glaciares e interglaciares, e cos avances e retrocesos dos glaciares que ocuparon os cumios das Montañas do Courel no pasado. A dinámica destes glaciares plistocenos reconstruíuse a partir dos sedimentos glaciares e as formas xeomorfolóxicas que deixaron no relevo actual, coma o circo da Devesa da Rogueira. Os paneis da sala ilustran como se superpoñen ás formas actuais do relevo á antiga posición das frontes glaciares dende o momento de máxima extensión glaciar local ata o final da deglaciación, cando se formou a Lagoa da Lucenza nunha cubeta de sobreescavación glaciar. Esta lagoa rexistrou os cambios na vexetación da contorna desde os últimos 10.000 anos, incluíndo a chegada dos castiñeiros ou da agricultura hai 4.000 anos atrás. 

Read more

SALA 4 – Primeiras ocupacións humanas de Galicia

As primeiras ocupacións Humanas de Galicia A historia de Elba, a pastora das Montañas do Courel. Esta sala amosa unha sinxela e xeral visión da evolución dos homínidos, sempre en revisión e debate científico, dende os nosos antepasados africanos ata o actual Homo sapiens. É unha árbore filoxenética coas diferentes especies de homínidos que xurdiron no pasado, e que se extinguiron unha tras outra, cunha única excepción: nós. Os utensilios paleolíticos feitos en pedra descubertos na Gándara Cha, na parroquia da Ermida, a só 2 Km do Museo Xeolóxico, sitúan o Xeoparque Montañas do Courel no mapa da Prehistoria de Galicia, nunha das probables liñas de migración principais que seguían o val do río Sil. Estes utensilios, compostos por algo máis de 100 pezas, talláronse con materiais xeolóxicos da comarca (seixo, cuarcita de gran groso e fino) e traído dende afastados lugares, coma o sílex. Ademais, ilústranse os distintos modos de fabricación destas ferramentas en pedra de miles de anos de antigüidade. Do norte das Montañas do Courel, no Concello de Pedrafita do Cebreiro, proceden os restos fósiles humanos da coñecida como Elba, a pastora do Courel, que percorreu estes montes hai uns 9.500 anos. O seu estudo, liderado polo Instituto Universitario de Xeoloxía  da Universidade da Coruña, permitiu coñecer como era en realidade Elba mediante unha reconstrución baseada no seu código xenético, preservado no ADN dos seus ósos.

Read more

SALA 5 – Minería no Xeoparque

Minería antigua e recente no Xeoparque As Montañas do Courel comprenden unha das comarcas mineiras máis importantes de Galicia, polo que a última sala do Museo está dedicada ao aproveitamento mineiro acontecido dende a Prehistoria ata a actualidade. Os materias xeolóxicos máis importantes foron cinco: a lousa, o ouro, o ferro, a calcaria e a antimonita, das cales só sobrevive a lousa como motor económico de Quiroga e Folgoso do Courel. Porén,  a galena, o volframio, a prata e, mesmo, o mercurio, tamén foron explotados nalgún recuncho da xeografía do Xeoparque. A isto hai que engadir as cuarcitas, que aínda se explotan para áridos en Ribas de Sil. Analízanse as características singulares que fixeron as rochas e minerais das Montañas do Courel claves para o seu desenvolvemento, para que se empregan, como aparecen no medio natural e os principais xacementos de cada un. Ademais, destácanse os principais sistemas de explotación e a súa evolución no tempo, incluído as tecnoloxías actuais empregadas no aproveitamento da lousa, protagonista principal destas montañas dende a Prehistoria

Read more

O Contorno Xeolóxico

A unidade xeográfica da serra do Courel, pertencente na súa meirande parte aos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, goza dende hai moitos anos dun notable prestixio pola súa biodiversidade, riqueza botánica e da fauna. Pero en raras ocasións se facía mención á excepcional e case única “xeodiversidade” malia a que agocha un auténtico mostrario xeolóxico composto por formacións, materiais e restos fósiles sorprendentes de fai millóns de anos. XEOPARQUES MUNDIAIS DA UNESCO Que é un xeoparque mundial da UNESCO? Un xeoparque é un territorio ben delimitado xeograficamente (578 Km2 no noso caso, seguindo os límites municipais), que inclúe paisaxes e lugares de relevancia xeolóxica internacional, e que é xestionado segundo os conceptos de protección, educación e desenvolvemento sostible, xerando así o seu propio desenvolvemento económico. A través da sensibilización sobre a importancia do seu pratimonio xeolóxico e con conexión cos demais aspectos naturais e o patrimonio cultural, , os xeoparques mundiais da UNESCO divulgan e interpretan factores claves relacionados co uso sustentable dos recursos naturais ou a mitigación dos efectos do cambio climático. Pora iso, facilítanlle á cidadanía as claves para a comprensión tanto dos procesos de relevancia xeolóxica como ecolóxica, arqueolóxica, etnográfica, histórica, industrial, etc. Son de particular impostancia neste sentido, os xeositios, lugares de particular atractivo polo seu grande interese xeolóxico. Cada xeoparque é un novo xeito de gozar do medio natural a través do xeoturismo. Este, a súa vez, é unha importante oportunidade para a actividade económica local e rexional. En canto ao futuro, desde os xeoparques trabállase ademais no ensino dos valores xeolóxicos aos máis pequenos, por exemplo a través de diferentes iniciativas de xeoconservación. En España foron declarados pola UNESCO como xeoparques 15 territorios, que ocupan máis de 20.000 Km2. A Rede Mundial conta con 147 territorios de 47 países. Datos de 2020. XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO MONTAÑAS DO COUREL O 11 de abril de 2019 o Xeoparque das Montañas do Courel, nacido da unión dos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, incorporouse oficialmente ás redes Europea e Global de Xeoparques da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). Foi en recoñecemento á riqueza xeolóxica desta bisbarra como base para o desenvolvemento local de todo o seu territorio. A principal achega mundial deste xeoparque é o seu carácter tectónico, xeolóxico e mineralóxico no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite Dobras deitadas da Serra do Courel. Ademais, é no seu conxunto un lugar de recoñecida referencia internacional pola conexión íntima entre o patrimonio xeolóxico e o ser humano, tal como o demostran os seus extraordinarios patrimonios natural e cultural. O 52% das Montañas do Courel está, por outro lado, protexido polos Lugares de Interese Comunitario Ancares-Courel e Macizo Central de Galicia, o Sitio natural de Interese Turístico Devesa da Rogueira e o Monumento Natural de Galicia Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós. CANDO VISITES O NOSO XEOPARQUE Achégate ao xeoparque desde o Val do Sil con vexetación mediterránea, ata as máis remotas húmidas do norte, con bosques caducifolios, fervenzas e ríos encaixados. Descubre o corazón dunha antiga gran cordilleira, en cuxas entrañas paleozoicas se formaron grandes pregamentos tombados, como o da Serra do Courel, de interese internacional. Explora as pegadas dos antigos glaciares que ocuparon as nosas montañas, agora xa dominadas por frondosas, clálidas e húmidas fragas, onde o castiñeiro, o carballo, a abelaria ou o acivro son sos seus protagonistas. Coñece como o ser humano colonizou as Montañas do Courel, empregando máis de sete tipos de rochas autóctonas para edificar castros, castelos e as actuais aldeas tradicionais, desde os seus alicerces ata os teitos de lousa. Atopa as minas de ouro que financiaron o Imperio romano, e como os romanos se atreveron a desviar subterraneamente o río Sil e trazar quilométricas canles de auga para extaer tan prezado metal. Sorpréndete coa forza da auga empregada para modear o ferro do Courel nas ferrerías preindustriais, así como os cereais nos muíños de auga, algúns deles aínda en funcionamento. Envólvete na natureza máis salvexe, xa sexa caminando polas montañas ou practicando a escalada deportiva en calcarias, o barranquismo nos nosos encaixados ríos, e a espeleoloxía a través de ríos subterráneos e simas verticais. E, finalmente, saborea a xeoloxía a través da cociña tradicional galega, complementanda por viños tintos e brancos da Ribeira Sacra, o aceite tradicional de Quiroga procedente de descoñecidas oliveiras, as castañas cocidas e secas do Courel, así como o mel, antano protexido por altos muros do ataque dos osos pardos, que xa volven habitar en harmonía as nosas montañas. PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS EN GALICIA Primeiras rochas de Galicia representadas polos circones de Cabo Ortegal e Ordes Formación do Pregue do Courel. Formación da Unidade Malpica-Tui. Os terreos actuais de Galicia quedan unidos por primeira vez. Emprazamento dos granitos de Galicia. Primeira intensa etapa erosiva. Depósitos evaporíticos no Banco de Galicia. Formación da Terra Cha de Galicia. Comeza a apertura do Atlántico: Macizo Hespérico (metade occidental de Iberia), a única terra emerxida na que viviron os dinosauros Ibéricos. Segunda intensa etapa erosiva. Iníciase o proceso de converxencia no borde N. da Península Ibérica e a formación da bacía das Pontes. Empeza a erguerse a Serra do Courel. O río Sil empeza a encaixarse no seu leito. Primeira fauna nas Pontes. Formación de lignitos en Galicia. Apertura das bacías terciarias e comezo da formación das rías galegas. Empezan as 14 glaciacións en Galicia. Fin da formación das rías galegas. Primeiros restos humanos atopados no Courel. Minería romana do ouro. Destrución das fragas do Courel pola siderurxia de corredoira. Comeza o deterioro de varias áreas do Courel polas canteiras de lousa.

Read more

Recepción

Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel (2019) O Xeoparque Montañas do Courel engloba os concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, no sur da provincia de Lugo, e constitúe un dos grandes valores naturais e culturais de Galicia (noroeste de España). Nos seus 578 Km2 de extensión, este territorio comprende dende o val do río Sil no sur, onde se asentan as poboacións máis grandes, ata as montañas do Courel no norte, onde se esconden máis de 50 suxestivas aldeas tradicionais. As montañas do Courel atesouran un rico e variado Patrimonio Xeolóxico estreitamente relacionado co aproveitamento das rochas de construción, minerais industriais e outros recursos xeolóxicos, xa dende a Prehistoria. Este Patrimonio Xeolóxico é de marcado carácter tectónico e xeomorfolóxico, no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite denominado “Dobras deitadas das Montañas do Courel”. O Museo Xeolóxico de Quiroga é un dos piares do Xeoparque Montañas do Courel e forma parte da súa rede de museos e centros de interpretación, coma a Aula da Natureza da Devesa da Rogueira, o centro de interpretación das Covas de Meiraos e o do ouro de Ribas de Sil. O Museo de Quiroga inclúe os contidos xeolóxicos máis representativos da contorna ordenados do máis antigo ao máis moderno.

Read more