O Camiñante na procura dos cumes
PRIMAVEIRA NO LOR – AS TRES IDADES DO LOR
PRIMAVEIRA NO LOR – O IVEDO
FOLLAS DE VAGAR
XORNAL (1969 – 1970): 20 DE SETEMBRE
FOLLAS DE VAGAR
XORNAL (1969 – 1970): 21 DE DECEMBRE
FOLLAS DE VAGAR
XORNAL (1969 – 1970): 29 DE DECEMBRE
Relator: Marcos Barrera (1ºESO)
MONTEFURADO
Relator: Marcos Barrera (1ºESO)
OS NOBRES CARREIROS
Relator: Marcus Pérez (1ºESO)
RÍOS DA MIÑA TERRA
Relatora: Alejandra Páez (3ºESO)
AS TRES IDADES DO LOR
Relatoras: Diana Alonso e Miriam López (5º EP)
A MÚSICA DO CEO
PREMONICIÓN
DILUVIO
Relatores: Erik Méndez, Xoel Cebey e Nacho González (4º ESO)
EDUARDO MOREIRAS
- Nacemento: Quiroga, 1914
- Falecemento: Vigo, 1991
- Obras destacadas:
– Primaveira no Lor (1974)
– Os nobres carreiros (1970)
– Follas de vagar (1972)
– Fogo solto (1976)
–O libro dos mortos (1979)
- Profesión: Escritor, funcionario do Corpo Técnico de Telecomunicacións
- Membro da Real Academia Galega, 1978
Nesta casa naceu e viviu os primeiros anos Eduardo Moreiras ata que, sendo aínda pequeno, a familia se translada a Vigo.
A Quiroga e a esta casa regresará con frecuencia para camiñar polos carreiros e as serras e polas ribeiras do Sil, do Lor e do Soldón.
“Miña terra fermosa
anda entre ríos deitada”
Tal unha peregrinaxe na procura do seu berce persoal, o escritor percibe a beleza espiritual da paisaxe montesía e recolle as súas impresións en poemas e relatos de Primaveira no Lor, Os nobres carreiros, Follas de vagar ou Fogo solto, que configuran un extraordinario canto ás terras de Quiroga.
“Pola tarde vou cercando quediño, moi a modo, o xigante que vixía a morte e resurrección do río: a montaña que chaman Auga Levada, onde o sol se pon. O ceo, sen unha nube, relumea con palpitacións de rula. De pé, sobor dun penedo que xorde coma unha torre do flanco da montaña, vexo o Lor en Augasmestas, nun arco perfecto, derramarse no Sil”
(Primaveira no Lor, 1974)