betick

SORORIDADE. 2020

Autora: Abi Castillo Pintura mural realizada nas inmediacións do Polideportivo de Quiroga pola artista Abi Castillo. Pódese representar a sororidade (solidaridade entre mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal)? Xulguen @s espectadores/ras. Igual que outras obras desta ruta, fíxose para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Read more

ESCALA CROMÁTICA. 2020

Autor: Obradoiro Emprego Sillor IV No ano 2020 @s traballador@s do Obradoiro de Emprego Sillor IV foron os encargados de embelecer unha zona de Quiroga, entre o Colexio de Infantil e Primaria, o Pavillón Polideportivo e o Albergue Municipal, que estaba moi deteriorada polo paso dos anos. Tendo en conta o contexto, ao máis puro […]

Read more

A LAVANDEIRA DO SIL. 2015

Autores: Miguel Peralta e Xoana Alma (Cestola na Cachola) Pintura mural realizada nunha das fachadas do Albergue de Quiroga no ano 2015 dentro dunha serie para promociar a Ribeira Sacra. Os artistas dan forma a unha aureana/lavandeira, ser mitolóxico que está en relación coas lendas de xacias e mouras.

Read more

PEREGRINO/A. 2022

Autor: Escola de Arte de Salamanca Quiroga, co impulso da Asociación Quiroga en Marcha, rende homenaxe aos peregrinos do Camiño de Inverno con esta escultura en aceiro corten sobre base de cuarcita. Está emprazada no propio Camiño de Inverno ao carón do albergue municipal.

Read more