Museo Etnográfico

A cultura do Mel

O mel, como non podía ser doutro xeito, tamén ten o seu propio espazo dentro do Museo Etnográfico de Quiroga. Este produto, sempre moi unido ás terras do Xeoparque, non parou de evolucionar; os sistemas de produción variaron dende os primitivos cortizos ata a moderna colmea de alzas. Os presentamos nunha recreación moi particular das ancestrais alvarizas que decoran por centos as nosas montañas. Pero o que fai que o mel de Quiroga se fixera con grande sona dentro do mercado é a enorme variedade de flora apícola coa que as abellas traballan nesta terra de contrastes. Isto unido á pureza dos lugares onde se emprazan as albarizas valeulle, a moitos dos produtores, o importante distintivo de Mel de Produción Ecolóxica.

Read more

A Escola

A escola foi unha das últimas incorporacións á exposición do Museo Etnográfico de Quiroga. A recolleita de varios tipos de pupitres empregados nas vellas escolas unitarias do territorio, deu pé a pescudar nas aldeas na busca do resto dos elementos das entrañables aulas dos primeiros anos do século XX: encerado, mesa do mestre, mapas, xoguetes, libros, estufa de carbón… conforman o universo da escola querida e odiada na mesma medida.

Read more

A Aldea

Todos os contidos presentes nesta colección teñen a súa síntese na recreación dunha aldea típica destas montañas coa exposición das maquetas que foron decorado da película galega de animación “O Apóstolo”, de Artefacto Producciones; onde pedra, madeira, ferro etc, atopan o seu lugar para facilitar a vida das xentes desta terra dura pero agradecida. https://www.youtube.com/watch?app=desktop&v=4h7yoEMrL6A

Read more

A Sala de Catas

Sala multifuncional adicada sobre todo aos produtos gastronómicos emprazada no espazo que nestas terras se coñece como “antebodega“. Moitas das adegas do Val do Sil teñen diante unha dependencia pola que se accede ao seu interior; este espazo que busca crear unha temperatura máis estable, independiente da exterior, aproveitase como lugar de reunión en vendimas, matanzas e demais tarefas ao longo do ano. Aquí, esta disposición, serviunos ademais do espazo para catar e aprender sobre gastronomía, para acoller coleccións e pezas singulares que necesitan protección especial.

Read more