Os cambios climáticos Cuaternarios nas Montañas do Courel
Ss pegadas da última glaciación.
O descubrimento e exploración das covas das
Montañas do Courel abriu unha fascinante fiestra para o coñecemento dos climas
e ambientes do noso pasado, tanto a escala local coma global. Os espeleotemas
agochados nas covas do Xeoparque constitúen rexistros paleoclimáticos
excepcionais que detallaron a evolución da temperatura e humidade do noso
planeta, coma é o caso da estalagmita da Cova da Arcoia que se amosa nesta
sala, que comezou a medrar hai 550.000 anos.
As variacións climáticas rexistradas nas
estalagmitas compáranse, entre outros, cos cambios climáticos globais, que inclúen
períodos glaciares e interglaciares, e cos avances e retrocesos dos glaciares
que ocuparon os cumios das Montañas do Courel no pasado. A dinámica destes
glaciares plistocenos reconstruíuse a partir dos sedimentos glaciares e as
formas xeomorfolóxicas que deixaron no relevo actual, coma o circo da Devesa da
Rogueira. Os paneis da sala ilustran como se superpoñen ás formas actuais do
relevo á antiga posición das frontes glaciares dende o momento de máxima extensión
glaciar local ata o final da deglaciación, cando se formou a Lagoa da Lucenza
nunha cubeta de sobreescavación glaciar. Esta lagoa rexistrou os cambios na
vexetación da contorna desde os últimos 10.000 anos, incluíndo a chegada dos castiñeiros
ou da agricultura hai 4.000 anos atrás.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.