cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es Teléfono 982435125
Read moreRuta da Arte Urbana
BANCO TEMÁTICO 1: SORORIDADE. 2022
Este banco inicia a serie de bancos temáticos de Quiroga; a novidade consiste en empregar estes chamativos e visibles soportes, para destacar conceptos, eventos, produtos etc. A serie empeza cun magnífico exemplo de representación artística da sororidade, moi recoñecible polas súas cores e formas. Un ano máis a Oficina da Muller do Concello de Quiroga conmemora o Día Internacional da Muller apostando por un novo elemento da arte urbana.
Read moreE 15. – OS LAPIS DA CULTURA. 2021
Estas dúas esculturas realizadas polo salamantino Felipe Piñuela prentenden poñer en valor a cultura literaria de Quiroga. Os recoñecidos autores cuxos nomes decoran os lapis da cultura, forón elexidos non só pola aportación que fixeron á literatura galega e castelá, senón tamén por estar vinculados coas terras de Quiroga. @s autor@s representados son: Ánxel Fole, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal, Luz Pozo Garza, Eduardo Moreiras e as irmás Pura e Dora Vázquez.
Read moreERUNDINA “A SUPERAVOA VENDIMADORA”. 2020
Autores: José Muruzábal – Yoseba MP É un dos muráis que pertencen á serie que José Muruzábal está a desenvolver por toda Galicia chamada “superavoas“. Quere representar cunha boa dose de humor «A muller rural galega minifundista que realiza labores do campo ata os oitenta anos con unha enerxía e condición física sorprendentes», segundo as súas propias palabras. ERUDINA, “A SUPERAVOA VENDIMADORA” Relatora: María Vila (4ºESO – IES Quiroga)
Read moreROMAXE DA ERMIDA. O MECO E AS PAMPÓRNIGAS. 2022.
Autor: José Muruzábal – Yoseba MP Mural que sae do visto ata agora deste artista recoñecido pola súa serie adicada as “superavoas“. No seu segundo mural en Quiroga representa o Meco e as Pampórnigas, personaxes míticos da Cultura e a Historia de Quiroga que cada ano saen a danzar polas rúas da Ermida durante a Romaxe da Virxe dos Remedios da Ermida. ROMAXE DA ERMIDA Relatora: Nadia Touzón (4ºESO – IES Quiroga)
Read morePEREGRINA DO CAMIÑO DE INVERNO. 2021
Autor: Mon Devane Pintura mural realizada polo artista ourensán Mon Devane que, xunto co mural realizado no Auditorio Municipal de Quiroga, compoñen unha serie de dúas pezas que pretende poñer en valor a etnografía e a cultura de Quiroga. Neste mural evidénciase a importancia que ten o Camiño de Inverno na vila de Quiroga; cun formato espectacular polas súas dimensións, pódese observar a unha muller coa indumentaria de peregrina, dentro das pautas cromáticas características deste muralista.
Read moreALVARIZA. 2020
Autor: Germán González Mural adicado ao mel, un dos produtos típicos de Quiroga xunto co viño, o aceite e as castañas. O mel no val do río Sil e nas Montañas do Courel é un produto que vai máis alá do puramente gastronómico xa que ten un forte compoñente cultural e natural. Sempre que nos referimos ao noso mel están presentes as alvarizas (estruturas circulares fabricadas en pedra para protexer as colmeas; preto de 300 no territorio do Xeoparque das Montañas do Courel) e o oso pardo; un animal que vivíu nestas montañas, marchou e retorna agora, agardamos, para quedarse. Cada 10 de agosto a vila quiroguesa acolle a Mostra do Mel, onde os apicultores amosan e venden os seus produtos.
Read moreMUSEO XEOLÓXICO (MuXeQ). FACHADA, 2022
Autor: Manuel García Losada A fachada principal do Museo Xeolóxico de Quiroga foi deseñada polo artista local Manuel García Losada. Combinación harmónica da pedra, a madeira e o ferro, para xerar un espazo acolledor composto por varios volumes que xogan coas sombras, para completar unha magnífica traza simplificada da estrutura xeolóxica coñecida como dobra deitada das Montañas do Courel.
Read moreXOVE NA BEIRA DA AUGA. 2021
Autor: Iván Floro – Van Vuu Mural que evoca o sentimento da Ribeira Sacra a través dunha moza á beira dun río. No propio mural pódese observar o característico estilo impresionista que fixo tan famoso a este artista, sempre entre a ortodoxia e a provocación. XOVE NA BEIRA DA AUGA Relatora: Celia López (4ºESO – IES Quiroga)
Read moreROSALÍA DE CASTRO. 2021
Autor: Pablo Sanjuro – Van Kraf Retrato como recordo a “nai das letras galegas” que serve para dar voz a cuestións tan de actualidade como os dereitos das mulleres, a defensa do galego ou a denuncia da emigración. Como pode comprobarse a súa figura segue sendo fonte de inspiración de numerosos artistas na actualidade.
Read moreBÉSAME EN ESTA ESQUINA. 2021
Autor: José Luis Lemos A partir dunha frase, o pintor propón un espazo agradable e romántico para bicarse; para iso usou unha gama de cores primaverais xunto con diversos motivos florais que evocan a mencionada estación.
Read moreSORORIDADE. 2020
Autora: Abi Castillo Pintura mural realizada nas inmediacións do Polideportivo de Quiroga pola artista Abi Castillo. Pódese representar a sororidade (solidaridade entre mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal)? Xulguen @s espectadores/ras. Igual que outras obras desta ruta, fíxose para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Read more